Xenopus
From Wikipedia, the free encyclopedia
Xenopus (do grego ξενος, xenos, 'estraño', πους, pous, 'pé') é un xénero de ras de vida moi acuática nativas da África subsahariana. Describíronse polo momento 20 especies dentro deste xénero. As dúas especies mellor coñecidas son Xenopus laevis e Xenopus tropicalis, que son frecuentemente estudados como organismos modelo para a bioloxía do desenvolvemento, bioloxía celular, toxicoloxía, neurociencia e como modelo de doenzas humanas e defectos conxénitos.[1][2]
Máis información Xenopus, Clasificación científica ...
Xenopus | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Xenopus laevis | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||
Pechar
O xénero é tamén coñecido pola súa poliploidía, e algunhas especies teñen 12 xogos de cromosomas.