Xeraniol
composto químico / From Wikipedia, the free encyclopedia
O xeraniol é un monoterpenoide e un alcohol oloroso. É o compoñente principal dos aceites de rosa, palmarosa, e citronela (tipo Xava). Tamén aparece en pequenas cantidades no xeranio, limón, e moitos outros aceites esenciais. Ten o aspecto dun aceite claro amarelo pálido. e é insoluble en auga, pero soluble nos solventes orgánicos máis comúns. Ten un recendo a rosas e utilízase comunmente en perfumes. Utilízase nos aromas a melocotón, framboesa, pomelo, mazás vermellas, ameixas, lima, laranxa, limón, sandía, ananás, e arando.
Xeraniol[1] | |
---|---|
(trans)-3,7-Dimetil-2,6-octadien-1-ol | |
Identificadores | |
Número CAS | 106-24-1 |
ChemSpider | 13849989 |
UNII | L837108USY |
Número CE | 203-377-1 |
ChEBI | CHEBI:17447 |
ChEMBL | CHEMBL25719 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C10H18O |
Masa molar | 154,25 g mol−1 |
Densidade | 0,889 g/cm3 |
Punto de fusión | -15 °C [2] |
Punto de ebulición | 230 °C |
Solubilidade en auga | 686 mg/L (20 °C)[2] |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |