mestre e escritor galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Xesús Constela Doce, nado en Ferrol o 2 de xaneiro de 1963, é un escritor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de xaneiro de 1963 (61 anos) Ferrol, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Salamanca |
Actividade | |
Ocupación | escritor , mestre |
Xénero artístico | Narración |
Lingua | Lingua galega, lingua castelá e lingua inglesa |
Premios
| |
Licenciado en Filoloxía inglesa pola Universidade de Salamanca en 1986, onde tamén participou en revistas de creación literaria. Residente na localidade de Poio, foi profesor de inglés de secundaria até 2022 e tamén colaborador habitual do suplemento Nordesía do Diario de Ferrol entre os anos 2004 e 2009.
En 2008, baixo o título de Como se fixo o primeiro alfabeto, publicou en Edicións Embora a tradución e adaptación de dous contos de Rudyard Kipling. Gañador da XV edición do Premio Torrente Ballester fallado na Coruña en decembro de 2003 co libro de relatos As humanas proporcións, obra publicada pola Editorial Galaxia no ano 2004 e galardoada no ano 2005 co premio da Asociación Española de Críticos Literarios na modalidade de Narrativa en Galego.
As humanas proporcións é unha colección de doce relatos escritos con técnicas diversas. O libro percorre distintas facetas da vida humana: o nacemento e a vellez, o corpo humano cambiante, e tamén a desesperación e a morte, o poder e a procura da liberdade, a violencia individual e a social, o amor e a parella.
No ano 2007 publicou na Editorial Galaxia a novela Libro das alquimias. Concibida coma un agasallo para os seus fillos, a quen está dedicada, presenta a historia dun rapaz que descobre no baixo da súa casa a presenza dun misterioso vello que acabará por cambiar para sempre a súa vida. O rapaz vai asistir, entre outras marabillas, á traballosa construción da Biblioteca de Alexandría e logo á súa decadencia e destrución, e tamén vai coñecer a fascinante vida da matemática e astrónoma Hipatia. Vai saber ben máis do que trae a enciclopedia que consulta decote. E o mecano, que era o seu xogo preferido, vai quedar esquecido no cuarto diante deste novo mundo tan atractivo que se lle abre.
En 2008 resultou gañador do XX Premio de Novela Manuel García Barros do Concello da Estrada coa obra Shakespeare destilado, publicada pola Editorial Galaxia en 2008, unha metáfora irónica en clave humorística sobre o mundo da literatura. Trátase dun extenso monólogo escrito nunha linguaxe directa e coloquial que pon en dúbida a ficción tradicional como convención xogando coa tradición literaria de William Shakespeare.
Dende o ano 2021 publica artigos sobre viaxes no xornal dixital Pontevedra Viva nunha sección propia titulada "Retallos de Mundo"[1].
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.