Xetafe
concello da Comunidade de Madrid / From Wikipedia, the free encyclopedia
Xetafe[1] (en castelán: Getafe) é un municipio situado na zona sur da Comunidade de Madrid, España. É unha das cidades máis poboadas e industrializadas da área metropolitana da capital. A importancia de Xetafe provén tamén da súa base aérea militar, unha das máis antigas de España, do Cerro de los Ángeles, considerado o centro xeográfico da Península Ibérica, e da Universidade Carlos III, cuxo reitorado se acha na cidade.
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Comunidade de Madrid | ||||
Capital | Madrid | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 185.899 (2023) (2.360,92 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 78,74 km² | ||||
Altitude | 622 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcaldesa | Sara Hernández Barroso (2015–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 28901–28909 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 28065 | ||||
Páxina web | getafe.es |
A proximidade de Xetafe a Madrid propiciou un gran desenvolvemento industrial ao longo do século XX, aumentando así a poboación ata os 170.115 habitantes (2011) e converténdose nunha cidade dormitorio. O incremento de poboación obrigou a construír numerosas vías de acceso, fixo ampliar a oferta de servizos públicos e impulsou a creación de novos barrios ao longo do século XX. O club de fútbol local, Getafe CF xoga na primeira división de fútbol española.
A cidade sitúase a 13 km ao sur do centro de Madrid, na parte sur da área metropolitana de Madrid, nunha zona chá da Meseta Central da Península Ibérica, e na cunca do río Manzanares.