From Wikipedia, the free encyclopedia
Xoán (II) de Balliol ou Xoán de Balliol, tamén coñecido como Xoán I de Escocia (en escocés Iain Bailiol; en inglés John Balliol) nado en 1248 e finado no Château-Gaillard en 1315. Foi de facto rei de Escocia entre 1292 e 1296. Fillo de Devorguilla de Galloway e de Xoán de Balliol.
Nome orixinal | (gd) Iain Bailiol (en) John Balliol |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1249 |
Morte | 25 de novembro de 1314 (64/65 anos) Châteaux de Hélicourt, Francia (en) |
Lugar de sepultura | Picardía |
Monarca de Escocia | |
17 de novembro de 1292 – 10 de xullo de 1296 ← Margarida I de Escocia – Roberto I de Escocia → | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino de Escocia |
Relixión | Cristianismo |
Educación | Durham School (en) |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Carreira militar | |
Conflito | Guerras de independencia de Escocia |
Familia | |
Familia | Casa de Balliol (pt) |
Cónxuxe | Isabella de Warenne |
Fillos | Edward Balliol (pt) , Henry Balliol (en) , Margaret Balliol (en) |
Pais | João I de Balliol (pt) e Dervorguila de Galloway (pt) |
Irmáns | Eleanor Balliol (en) |
Trala morte do rei Alexandre III de Escocia en 1285, Margarida “a dama de Noruega” herdou o trono escocés, circunstancia que aproveitou o rei Eduardo I de Inglaterra para intentar casar ao seu fillo Eduardo con Margarida e así anexionarse o Reino de Escocia. Antes de celebrarse a voda en 1290, Margarida morre e comezan as tensións entre as dúas liñaxes máis importantes da aristocracia escocesa (os Balliol e os Bruce). Sen acadar un acordo, o futuro Roberto I de Escocia, V Señor de Annandale, e Xoán de Balliol, descendente da filla máis vella de David. Jonh Balliol reclamou o seu dereito como neto de David; Xoán e Roberto disputáronse a coroa. Houbo enfrontamentos continuos entre as dúas familias ata que Xoán de Balliol conseguiu coa axuda de Eduardo I facerse co trono escocés, ao que accedeu co nome de Xoán I o 17 de novembro de 1292.
A partir dese momento Escocia estivo ao servizo do Inglaterra. Isto tróuxolle problemas ao seu reinado pois non podía tomar decisións sen pasar pola aprobación do rei inglés. Pouco tempo despois, en 1265, o rei Xoán buscou a alianza con Francia, aproveitando que este reino estaba en guerra con Inglaterra, polo que Escocia negou o seu exército aos ingleses para combater contra Francia, en lugar disto, preparáronse para combater contra eles, desafortunadamente Eduardo I soubo do pacto e decidiu invadir Escocia. Tras sufrir unha derrota na batalla de Dunbar, Xoán viuse forzado a abdicar e foi encarcerado en 1297 xunto co seu fillo Eduardo na Salt Tower.
Despois de dous anos en prisión Xoán de Balliol foi liberado, en xullo de 1299, grazas ao Papa Bonifacio VIII pero prohibíuselle regresar a Escocia e foi obrigado a negociar a paz entre Francia e Inglaterra. Baillol acordou vivir en Francia, onde tiña terras e propiedades. Aínda que nunca volveu a Escocia, o seu pobo recordábao como un precursor da guerra de Independencia de Escocia e como lexítimo rei.
Finou en 1315 en Francia e esta soterrado na Igrexa de San Waast en Bailleul-sur-Eaune.
Xoán contraeu matrimonio en 1281 con Isabel de Warenne, filla de John de Warenne, VII conde de Surrey. Os seus avós paternos foron Hugo X de Lusignan e Isabel de Angulema, viúva do rei Xoán I de Inglaterra.
Xoán e Isabel tiveron dous fillos:
Predecesor: Margarida |
Rey de Escocia 1292 - 1296 |
Sucesor: Ocupación Inglesa |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.