Xogos Olímpicos de 1924
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os Xogos Olímpicos de 1924 foron realizados en París, en Francia, entre o 20 de abril e o 27 de xullo, coa participación de 2956 atletas, entre eles 136 mulleres, representando 44 países, un récord até entón, para felicidade e gloria de Pierre de Coubertin, que vía os Xogos volver á súa terra natal, após vinte anos, coa presenza de 1000 xornalistas e a primeira transmisión radiofónica das probas. Estes foron os últimos Xogos organizados baixo a presidencia do Barón de Coubertin.
Nome oficial | Spiller vun der VIII. Olympiad |
---|---|
Tipo | Xogos Olímpicos de Verán |
Lema | Méi séier, méi héich, méi staark |
Composto por | Ginástica nos Jogos Olímpicos de Verão de 1924 la canne at the 1924 Summer Olympics Tiro nos Jogos Olímpicos de Verão de 1924 + ../... 24 |
Número de participantes | 44 3.088 |
Participantes | |
Localización e Datas | |
Eventos olímpicos | 126 |
Localización | Estádio Olímpico Yves-du-Manoir (pt) (Colombes) 48°55′53″N 2°14′59″L |
País | Francia |
Intervalo de tempo | 4 de maio de 1924 – 27 de xullo de 1924 |
Número de edición | 8 (1924) |
Aberto oficialmente por | Gaston Doumergue |
Xuramento feito por | Georges André (pt) |
Outro | |
Páxina web oficial | olympics.com… |
Ó contrario dos primeiros e fracasados Xogos na cidade, en 1900, desta vez París preparou un suntuoso complexo olímpico para hospedar os diversos deportes, en particular o confortable e moderno Estadio Olímpico de Colombes, con capacidade para 60.000 persoas, onde os nomes dos campións olímpicos destes Xogos foron gravados en mármore nas súas paredes. Foi tamén a primeira vez que os atletas se instalaron nunha pequena vila olímpica, formada por varias pequenas casas de madeira.
Foi nesta edición dos Xogos nos que por primeira vez foi empregado o lema olímpico Citius, Altius, Fortius , ou, máis rápido, máis alto, máis forte, cuñado en latín por un monxe francés, Frei Henri Didon e no que as tres bandeiras, olímpica, do país anfitrión e do próximo país en recibir os Xogos, foron izadas lado a lado na cerimonia de clausura.