Xosé María Álvarez Blázquez
escritor, arqueólogo, investigador e editor galego / From Wikipedia, the free encyclopedia
Xosé María Álvarez Blázquez, nado en Tui o 5 de febreiro de 1915 e finado en Vigo o 2 de marzo de 1985, foi un escritor galego de poesía, narrativa e ensaio, arqueólogo, investigador e editor galeguista. Foi cronista oficial da cidade de Vigo desde 1976. É unha das figuras máis laboriosas da cultura galega, cunha grande actividade que vai dende a literatura (novela, poesía, teatro) ata a investigación como arqueólogo e a súa tarefa como editor e galeguista. Pertence a unha saga de escritores que ten os seus antecedentes no seu avó Emilio Álvarez Giménez, seguiu co seu tío Xerardo Álvarez Limeses e compartiu co seu irmán Emilio. É un dos representantes da poesía neotrobadoresca, vangarda poética xurdida ao redor de 1930 debida á difusión en Galiza da lírica medieval galego-portuguesa. En 2008 dedicóuselle o Día das Letras Galegas.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) José María Álvarez Blázquez 5 de febreiro de 1915 Tui, España |
Morte | 2 de marzo de 1985 (70 anos) Vigo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | U. de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | escritor , arqueólogo |
Período de actividade | 1930-1985 |
Membro de | |
Xénero artístico | Poesía, novela, teatro, crónica, ensaio |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Cónxuxe | M. ª Luisa Cáccamo Frieben [1] |
Fillos | 6: Xosé Mª, Alfonso, Celso, Berta… |
Pais | Darío Álvarez Limeses e María Blázquez Ballester |
Irmáns | Emilio Álvarez Blázquez, Darío Álvarez Blázquez e Álvaro Álvarez Blázquez |