Xoán Montes
compositor e pianista galego / From Wikipedia, the free encyclopedia
Xoán Hermenegildo Montes Capón, coñecido simplemente como Xoán Montes nado en Lugo o 13 de abril de 1840 e finado o 24 de xuño de 1899, foi un compositor, organista e director de música galego, famoso especialmente por ser o autor da versión musical do poema "Negra Sombra" de Rosalía de Castro.
Datos rápidos Nome orixinal, Biografía ...
Nome orixinal | Xoán Montes Capón |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 13 de abril de 1840 Lugo, España |
Morte | 24 de xuño de 1899 (59 anos) Lugo, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | director de orquestra , pianista , compositor , organista |
Lingua | Lingua castelá e lingua galega |
Instrumento | Piano e Órgano |
Pechar
Xoán Montes foi o primeiro director da Banda Municipal de Lugo en 1876 e fundou o Orfeón Lucense en 1879.[1][2]