From Wikipedia, the free encyclopedia
Xutlandia[1][2] (en dinamarqués Jylland, en alemán Jütland) é unha península da Europa noroccidental que comprende a parte continental de Dinamarca e o norte de Alemaña (estado federal de Schleswig-Holstein). Ao oeste limita co mar do Norte, ao norte co Skagerrak, ao nordés co Kattegat e ao leste coas illas dinamarquesas do Báltico.
O nome provén dos xutos, pobo xermánico que se instalou alí no século V.
A parte meridional forma parte de Schleswig-Holstein, rexión que foi cambiando de posesión dinamarquesa a alemá ao longo da historia. O derradeiro cambio de soberanía tivo lugar tras a primeira guerra mundial, recuperando Dinamarca parte de Schleswig (en danés Slesvig) pola vía dun plebiscito.
O terreo é relativamente chan, con pequenos cerros e turbeiras, constituído por materiais sedimentarios da era secundaria e depósitos do terciario que foron cubertos polos glaciares durante a era seguinte, dando lugar á actual paisaxe da península: unha chaira suavemente ondulada e inclinada cara ao oeste.[3] Ten unha superficie de 29.775 km² e ten unha poboación de 2.491.852 persoas (2004). Pola súa extensión, abrangue os dous terzos da superficie do país, pero alberga só 2/5 partes da poboación total.
A costa articúlase por numerosos fiordes de orixe glaciar. A zona oeste presenta un relevo máis erosionado e caracterízase pola abundancia de depósitos fluvioglaciares. A costa está delimitada por cordóns de dunas e carece de portos naturais.
O clima da península é oceánico (0 °C de media no inverno e 16 °C no verán) e húmido.
Cidades da Xutlandia dinamarquesa:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.