Zitkala-Ša
From Wikipedia, the free encyclopedia
Zitkala-Ša (en dakota: "paxaro vermello"), nada o 22 de febreiro de 1876 e finada o 26 de xaneiro de 1938,[1] era unha escritora, editora, música, mestra e activista síux, tamén coñecida polo seu nome cristián Gertrude Simmons Bonnin. Escribiu varias obras nas que relatou os seus problemas identitarios na mocidade e a división entre a cultura maioritaria e a súa herdanza nativa americana. Os seus derradeiros traballos en inglés levaron as historias tradicionais do seu pobo ós lectores brancos por primeira vez na historia.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de febreiro de 1876 Reserva india Yankton, Dacota do Sur |
Morte | 26 de xaneiro de 1938 (61 anos) Washington, D.C. |
Lugar de sepultura | Cemiterio Nacional de Arlington |
Presidente National Council of American Indians (en) | |
1926 – 1938 | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Grupo étnico | Sioux |
Educación | Earlham College (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Folclore |
Ocupación | Escritora, editora, músico, mestra e activista |
Período de actividade | 1900 - |
Empregador | Carlisle Indian Industrial School (1899–1901) |
Membro de | |
Lingua | Lingua inglesa e Lingua síux |
Instrumento | Violín |
Familia | |
Cónxuxe | Raymond Bonnin |
Fillos | Son, Ohiya |
Con William F. Hanson, Bonnin compuxo a primeira ópera nativa americana, The Sun Dance (composta baseándose no estilo do pobo ute e en temas síux), que foi estreada en 1913.[2] Fundou o Consello Nacional dos Indios Americanos en 1926 co obxectivo de loitar polos dereitos civís dos nativos. Serviu como presidenta até a súa morte en 1938.[3]