Os manichos,[1] tamén chamados xergos[2] ou zurdos,[3] son as persoas que asimilan tendencia natural ou utilizan preferentemente o lado esquerdo do seu corpo, situación observable nas súas extremidades. É un fenotipo minoritario da especie humana. As persoas que usan preferentemente a man dereita son destras, mentres que as que usan indistintamente as dúas mans ou pernas son ambidestras.

Thumb
Día Internacional dos Manichos, 13 de agosto do ano 2002.

Demografía

Os manichos naturais están presentes en todas as poboacións do globo. Arredor dun 8 a un 13 % da poboación mundial é manicha.[4] Os estudos indican que o fenómeno é máis común nos homes ca nas mulleres.[5] Hai máis manichos homes (13 %) ca mulleres (9 %), sen que se saiba a causa.

A porcentaxe de nenos manichos é moito maior en casos de nacementos múltiples, como no caso dos xemelgos.[6] Tamén é máis probable que sexan manichos os individuos de varios grupos con desordes neuronais, persoas que padecen epilepsia, síndrome de Down, autismo, outras formas de atraso mental, dislexia, etcétera.[7][8][9][10] Estatisticamente, o xemelgo idéntico dun manicho, ten un 76 % de probabilidades de ser manicho por causas en parte xenéticas e en parte ambientais.[11] Tamén entre a xente do sur de Asia, Europa do leste, e descendentes de xente do Sueste asiático, hai máis manichos que entre ningún outro grupo étnico do mundo, mentres que entre os descendentes de xente de Europa occidental, Europa do norte, e África hai menos.[12][12]

Notas

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.