Ácido glicónico

composto químico From Wikipedia, the free encyclopedia

Ácido glicónico
Remove ads

O ácido glicónico ou áido glucónico é un azucre ácido orgánico coa fórmula HOCH2(CHOH)4COOH [2][3]. É un dos 16 estereoisómeros do ácido 2,3,4,5,6-pentahidroxihexanoico.

Datos rápidos D-glicónico, Identificadores ...

En disolución acuosa a pHs lixeiramente ácidos, o ácido glicónico forma o ión gliconato. Os sales do ácido glicónico denomínanse "gliconatos". O ácido glicónico e os seus sales e ésteres aparecen amplamente na natureza porque ditas especies se orixinan pola oxidación da glicosa, unha substancia moi común. O grupo aldehido da glicosa oxídase orixinando este ácido aldónico, un tipo de azucre ácido. Algúns fármacos son inxectados en forma de gliconatos.

Remove ads

Estrutura química

A estrutura química do ácido glicónico consiste nunha cadea de seis carbonos con cinco grupos hidroxilo e un grupo terminal carboxilo (COOH). En solución acuosa, o ácido glicónico existe en equilibrio co éster cíclico glicono delta-lactona.

Distribución e aplicacións

O ácido glicónico aparece na natureza en froitas, mel, kombucha ( fermentado), e viño. Utilízase como aditivo alimentario co número E574[4], e funciona como regulador da acidez. Tamén se utiliza en produtos de limpeza, nos que disolve depósitos minerais especialmente en solución alcalina. O anión gliconato é un axente quelante, que quela o Ca2+, Fe2+, Al3+, e outros ións metálicos. En 1929 Horace Terhune Herrick desenvolveu un proceso para producir o sal por fermentación.[5]

O gliconato de calcio, en forma de xel, utilízase para tratar queimaduras producidas por ácido fluorhídrico;[6][7] as inxeccións de gliconato de calcio poden utilizarse en casos máis graves para evitar a necrose de tecidos profundos.[8] O gliconato de quinina é un sal do ácido glicónico e quinina, que se utiliza por inxección intramuscular no tratamento da malaria. As inxeccións de gliconato de cinc utilízanse para castrar cans machos.[9] No pasado propúxose o uso de inxeccións de gliconato de ferro para tratar a anemia.[10]

Remove ads

Notas

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads