ChEBI
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O ChEBI (Chemical Entities of Biological Interest ou Entidades Químicas de Interese Biolóxico)[1][2] é unha base de datos e de ontoloxía de entidades moleculares enfocada a "pequenos" compostos químicos, que forma parte do proxecto Open Biomedical Ontologies (Ontoloxías Biomédicas Abertas).[1] O termo "entidade molecular" refírese a calquera "átomo, molécula, ión, par de ións, radical, ión radical, complexo, confórmero etc., constitucional e isotopicamente distinto, identificable como unha entidade distinguible por separado".[3] As entidades moleculares en cuestión son produtos de natureza sintética ou produtos que teñen bioactividade potencial. Porén, as moléculas codificadas directamente polo xenoma, como ácidos nucleicos, proteínas e péptidos derivados de proteínas por corte proteolítico, como regra non son incluídos no ChEBI.
O ChEBI usa a nomenclatura, simbolismo e terminoloxia da Unión Internacional de Química Pura e Aplicada (IUPAC) e o Comité de Nomenclatura da Unión Internacional de Bioquímica e Bioloxía Molecular (NC-IUBMB).
Remove ads
Alcance e acceso
Todos os datos nesta base de datos son de tipo non-propietario ou derivan de fontes non-propietarias. Deste modo son libremente accesibles e están á disposición de calquera. Ademais, cada ítem é doadamente tracexable e explicitamente referenciado ás fontes orixinais.
Os datos de ChEBI están dispoñibles por medio dunha interface de web pública, un sevicio web e descargas.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads