Ácido graxo omega-3
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Os ácidos graxos omega-3 (ω-3) son un grupo de ácidos graxos poliinsaturados de cadea longa e de cadea moi longa que se atopan en alta proporción nos tecidos de certos peixes e mariscos; e nalgunhas fontes vexetais tales como o aceite de soia, o aceite de colza, as noces e as sementes de liñaza. Caracterízanse por ter un dobre enlace entre os carbonos 3 e 4 contando desde o final da molécula.


Remove ads
Características dietéticas
Demostrouse experimentalmente que o consumo de grandes cantidades de omega-3 aumenta considerablemente o tempo de coagulación do sangue, o cal explica por que en comunidades que consomen moitos alimentos con omega-3 (inuit, xaponeses, etc.) a incidencia de doenzas cardiovasculares é sumamente baixa.[1][2][3][4] Outro estudo concluíu que a inxesta dietética de ácidos graxos ω-3 reduce modestamente o curso da arteriosclerose coronaria en humanos.[5]
Algunhas experiencias suxiren que o consumo de omega-3 ten efectos beneficiosos sobre o cerebro. Tamén hai estudos que suxiren que o consumo de omega 3 durante do embarazo pode ter unha boa influencia no bebé. Altas cantidades poderían diminuír os efectos da depresión, e mesmo grupos de nenos en idade escolar aumentaron notablemente o seu rendemento despois de inxerir pastillas con aceite de peixe rico en omega 3.
O omega-3 é un compoñente engadido a certos alimentos funcionais que son enriquecidos artificialmente con omega-3 como pode ser o leite, o leite de soia, os ovos, etc.[6]
Remove ads
Lista de ácidos graxos omega−3
Nesta táboa aparecen os ácidos graxos omega−3 máis comúns atopados na natureza.
Remove ads
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads