Pobos inuit

grupo étnico das rexións árticas de América do Norte From Wikipedia, the free encyclopedia

Pobos inuit
Remove ads

Os inuit[5] (en inuktitut: ᐃᓄᐃᑦ, "o pobo"[6]) son un grupo de pobos indíxenas con grandes semellanzas culturais que habita na rexión do Ártico en Groenlandia, Canadá, e Alasca.[7] Inuit é unha palabra en plural, sendo o singular Inuk.[6] As linguas inuit están clasificadas na familia esquimó-aleutiana,[8] e a lingua de sinais inuit é unha lingua illada empregada en Nunavut.[9]

Datos rápidos Instancia de, Subclase de ...

Nos Estados Unidos e no Canadá o termo "esquimó" foi empregado comunmente para describir ós inuit, ós iupik de Alasca e ós inupiaq. "Inuit" non está aceptado como termo para describrir ós iupik, e "esquimó"[10] é o único termo que inclúe ós iupik, inupiaq e inuit. Porén, os pobos aborixes do Canadá e os groenlandeses ven o termo "esquimó" como pexorativo, e "inuit" fíxose máis común.[11][12] No Canadá, as seccións 25 e 35 da Acta de Constitución de 1982 chaman "inuit" a un grupo distintivo de aborixes canadenses que non están incluídos nas Primeiras Nacións ou nos Métis.[13]

Os inuit viven no Ártico canadense, no territorio de Nunavut; "Nunavik" no terzo norte do Quebec; "Nunatsiavut" e "NunatuKavut" en Labrador; e en varias partes dos Territorios do Noroeste, particularmente arredor do océano Ártico. Estas áreas son coñecidas en inuktitut como "Inuit Nunangat".[14][15] Nos Estados Unidos, os inupiaq viven no norte de Alasca e na illa Diomedes Menor. Os inuit de Groenlandia son descendentes de migracións dende o Canadá e son cidadáns de Dinamarca, mais non forman parte da Unión Europea.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads