Ácido láurico
composto químico From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O ácido láurico (ou ácido dodecanoico) é un ácido graxo saturado de 12 átomos de carbono, polo que se considera un ácido graxo de cadea de tamaño medio. É un sólido branco en po cun lixeiro cheiro a aceite de loureiro ou xabón. Os seus sales e ésteres denomínanse lauratos.
Remove ads
Distribución
O ácido láurico é un compoñente dos triglicéridos, e supón aproximadamente a metade do contido en ácidos graxos do aceite de coco, aceite de loureiro, e aceite de semente de palma (extraído das sementes da Elaeis guineensis, que non é o mesmo ca o aceite de palma extraído da polpa do froito).[10][11] Noutros produtos é relativamente escaso. Atópase tamén no leite humano (6,2% das graxas totais), e no leite de vaca (2,9%), e no de cabra (3,1%).[10]
Remove ads
Propiedades e usos
Como moitos outros ácidos graxos, o ácido láurico ten unha vida útil longa polo que pode ser almacenado durante longos períodos, é barato, non é tóxico e é doado de manexar. Utilízase principalmente para a produción de xabóns e cosméticos. Para este uso o ácido láurico neutralízase con hidróxido de sodio para orixinar laurato sódico, que é un xabón. O máis común é obter o laurato sódico por saponificación de varios aceites, como o aceite de coco. Estes precursores producen mesturas de laurato sódico e outros xabóns.[11]
No laboratorio, o ácido láurico utilízase ás veces para investigar cal é a masa molar dunha substancia descoñecida por medio do descenso crioscópico (depresión do punto de conxelación). O ácido láurico é conveniente para este uso porque o seu punto de fusión cando é puro é relativamente alto (43,2 °C). A súa constante crioscópica é de 3,9 K·kg/mol. Ao fundir ácido láurico coa substancia descoñecida que estamos a investigar, permite que arrefríe, e anotando a temperatura á que conxela a mestura, pode determinarse a masa molar do composto descoñecido.[12]
Propiedades medicinais potenciais
O ácido láurico ten propiedades antimicrobianas segundo algúns estudos.[13][14][15][16]
Algúns experimentos in vitro suxiren que algúns ácidos graxos entre os cales está o láurico poderían ser un útil tratamento para o acne, pero non se realizaron aínda ensaios clínicos para avaliar os seus posibles beneficios nos humanos.[17][18]
O ácido láurico incrementa o colesterol total, pero a maioría do incremento é atribuíble ao aumento de lipoproteína de alta densidade (HDL), considerada colesterol "bo". Como resultado, o ácido láurico ten "un efecto máis favorable sobre o colesterol total:HDL ca os outros ácidos graxos, tanto saturados coma insaturados";[19] unha menor proporción de colesterol total/HDL suxire un descenso no risco de aterosclerose.[20]
O ácido láurico convértese no corpo no monoglicérido monolaurina.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads