Œ

From Wikipedia, the free encyclopedia

Œ
Remove ads

Œ (en minúscula œ) é unha ligadura formada polas letras o e e. Na época medieval usouse para representar o ditongo grego οι e nalgunhas poucas palabras non gregas, uso que continúa en inglés e francés.

Thumb

O alfabeto fonético internacional úsao para representar a vogal redondeada frontal medio aberta. Empregouse para transliterar a runa odal (en inglés antigo ēðel, "casa ancestral").[1]

Uso

  • A práctica habitual en latín era escribir as letras por separado, mais a ligadura empregouse en textos medievais e modernos, en parte pola redución de œ á vogal |e| no latín tardío.
  • En francés, œ chámase e dans l'o ("e no o"). En palabras como cœur ("corazón") ou sœur ("irmá") pronúnciase |œ| mentres que noutras como o plural œufs ("ovos") se pronuncia |ø|.
  • Nalgúns sistemas de representación do lombardo lese |œ|.
  • O inglés recibiu préstamos do latín e do francés coa ligadura, mais na actualidade é raro que se escriba. O inglés americano adoita substituíla por e, polo que diarrhœa converteuse en diarrhea, aínda que hai excepcións, como phoenix. No inglés británico habitualmente se mantén o o pero non a ligadura (diarrhoea).
  • Na ortografía moderna do antigo nórdico úsase para representar a vogal longa |øː|.
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads