-256
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Remove ads
Acontecementos
Grecia antiga
- Tras a morte de Ares II, fillo póstumo de Acrótato, aos oito anos, Leónidas II ascendeu ao trono de Esparta[1].
Roma antiga
- Este ano, Lucio Manlio Vulsón Longo e Quinto Cedicio foron elixidos cónsules, pero este último morreu pouco despois de asumir o cargo. Foi substituído como cónsul sufecto por Marco Atilio Régulo [2][3].
- Os dous cónsules son enviados con 330 barcos desde Ecnomo, en Sicilia, para invadir Cartago, pero os cartaxineses agárdanos en Heraclea Minoa baixo o liderado de Amílcar e Hannón. Na batalla do cabo Ecnomo, os romanos saen vitoriosos, perdendo só 24 barcos mentres que os cartaxineses perden 30 que son afundidos e 64 que os romanos capturan. Os cartaxineses superviventes diríxense a Cartago para defender a capital, pero os romanos desembarcan en Clipea, onde establecen o campamento e desde onde saquean o territorio cartaxínés[4]. O combate marca o final do predominio naval púnico no Mediterráneo occidental.
- O corvo, unha arma naval romana destinada ao abordaxe, úsase por última vez nesta batalla<[5]
- No transcurso da Primeira Guerra Púnica, os cónsules Marco Atilio Régulo e Lucio Manlio Vulsón Longo asediaron a cidade de Aspis (actual Kélibia ) e ocupárona.
China antiga
- Fin da dinastía Zhou, a máis longa de todas as dinastías chinesas (desde -1122 ata -256) e a última das dinastías de reis que precederon ás dinastías imperiais[6].
- Constrúese un gran sistema de rega en Dujiangyan, que aínda segue en funcionamento[7]. Arredor do século -II, durante a dinastía Han, os chineses empregaban bombas de cadea para elevar a auga[8]. Estas funcionaban con pedais, rodas hidráulicas ou mecanismos rotatorios accionados por bois. A auga utilizábase para obras públicas ou para abastecer as casas, pero utilizábase principalmente para regar.
Remove ads
Nacementos
Mortes
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads