-381
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O ano 381 a. C. foi un ano do calendario romano prexuliano. No Imperio romano coñecíase como o Ano do Tribunado de Camilo, Albino, Albino, Medulino, Flavo e Ambusto (ou, menos frecuentemente, ano 373 Ab urbe condita).
Remove ads
Acontecementos
- O distrito de Túsculum é pacificado despois dunha revolta contra Roma e conquistado. Despois dunha expresión de completa submisión a Roma, o poblo de Túsculum convértese no primeiro «municipium cum suffragio», e de aí que a cidade siga conservando o rango de municipio.
- Esparta incrementa o seu dominio na Grecia central ó restablecer a cidade de Platea que Esparta destruíra en 427 a. C.
- Os xenerais persas, Tiribazo e Orontes, invaden Chipre, cun exército moito máis grande que ningún outro que puidera reunir o rei Evagoras I de Chipre. Porén, Evagoras I consegue cortar as subministracións desta forza, e as tropas que pasan fame rebélanse. Aínda así, a guerra vólvese en favor dos persas cando a frota de Evagoras I é destruída na Batalla de Citio (Larnaca, Chipre). Evagoras I foxe a Salamina, onde consegue concluír unha paz que lle permite permanecer nominalmente rei de Salamina, aínda que en realidade é un vasalo do rei persa.
Remove ads
Nacementos
Mortes
Véxase tamén
Outros artigos
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads