20th Century Studios
estudio de cinema estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Twentieth Century Studios, tamén coñecida como 20th Century Studios (anteriormente coñecida por 20th Century Fox, 20th Century Fox Pictures ou simplemente FOX), é un dos seis maiores estudios de cinema estadounidenses. Localízase en Century City, na cidade dos Ánxeles, e, desde o 2019, o estudio é unha filial da compañía The Walt Disney Company.
A compañía foi fundada o 31 de maio de 1935[1] como resultado da fusión entre a Fox Film Corporation, fundada por William Fox en 1915, e a Twentieth Century Pictures, fundada en 1933 por Darryl F. Zanuck, Joseph M. Schenck e William Goetz.
Entre as súas franquías cinematográficas máis coñecidas destacan a dos filmes de Star Wars, Ice Age, X-Men, Die Hard, Alien e O planeta dos simios. Na televisión atopamos series como The Simpsons, M*A*S*H, The X-Files, Family Guy, Glee e 24. Entre as actrices que acadaron gran popularidade grazas ó estudio destacan Shirley Temple, que foi a primeira estrela cinematográfica da compañía, Betty Grable, Gene Tierney, Marilyn Monroe e Jayne Mansfield. O estudio tamén foi o primeiro que contratou unha estrela do cine afroamericana, Dorothy Dandridge.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads