73
Ano From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Remove ads
Acontecementos
Roma
- Plinio o Vello serve como procurador na provincia Tarraconense.
- Domiciano é cónsul.
- Vespasiano e Tito son censores. Aproveitan para purgar o senado romano de opositores, mais tamén para abrilo a novos membros, provinciais ou itálicos.
- Vespasiano concédelle o dereito latino a todos os municipios de Hispania e favorece a promoción das elites coloniais.
- Flavius Silva tórnase legado de Xudea.

- Roma anexiónase a Pequena Armenia.
- Guerra do legado Cnido Pinarius Cornelius Clemens na Xermania (rematada ao ano seguinte).
Asia
- Comeza a guerra dos hunos na China (até o 91)
- Os xenerais Dou Gu (Teou Kou) e Geng Bing (Keng Ping) dirixen unha expedición en Mongolia contra os xiongnu do Norte, que partiron en fuga. Estableceuse unha colonia militar no oasis de Hami no deserto do Gobi para lles cortar a ruta aos xiongnu.
- Ban Chao (Pan-Tch’ao), competindo cos xiongnu, impón o protectorado chinés aos reis do Lop Nor e de Khotan na bacía do río Tarim co propósito de controlar a ruta da seda (73-94).
Remove ads
Nacementos
Mortes
- Tiridates I, rei de Armenia.
Outros
- Marcial escribe unha sátira sobre a covardía militar.
- Historia ano a ano
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: 73 |
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads