Explorer 51
Satélite artificial dos Estados Unidos. From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Explorer 51, tamén denominado AE-C (Atmospheric Explorer C), foi un satélite científico da NASA pertencente á seria Atmosphere Explorer lanzado o 16 de decembro de 1973 desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral a bordo dun foguete Delta 1900.[2][4]
Remove ads
Características
A misión de Explorer 51 foi estudar a termosfera, a transferencia de enerxía na mesma e os procesos que determinan o seu estado. Tamén estudou os procesos fotoquímicos asociados á absorción da radiación solar ultravioleta facendo medicións coordinadas dos reactivos e a enerxía solar incidente.[2][4]
O satélite tiña forma poliédrica cun diámetro duns 1,4 metros.[2][4] Foi inxectado nunha órbita inicial de 4263 km de apoxeo, 150 km de perixeo e 68,1 graos de inclinación orbital[3] que foi cambiada varias veces durante o primeiro ano de misión mediante o sistema de propulsión de a bordo para baixar o perixeo ata os 129 km. Máis tarde o perixeo foi aumentado de novo ata os 390 km e a órbita foi circularizada. A órbita volvía a elevarse cada vez que o arrastre atmosférico facía que o satélite baixara ata os 250 km de altura.[2][4]
Explorer 51 estabilizábase mediante xiro, co eixo de xiro perpendicular ó plano orbital. A alimentación eléctrica era proporcionada por células solares e os datos obtidos podían enviarse ou en tempo real ou ser gardados na grabadora de a bordo para ser transmitidos máis tarde.[2][4]
Explorer 51 reentrou na atmosfera o 12 de decembro de 1978.[2][4]
Remove ads
Instrumentos
O satélite levaba instrumentos para medi-la radiación solar ultravioleta, a temperatura, composición e densidade dos ións positivos, das partículas neutras e dos electróns, para medir as emisións do resplandor atmosférico, os espectros de enerxía dos fotoelectróns e dos fluxos de protóns e electróns con enerxías de ata 25 keV.
Resultados
Os datos de Explorer 51 serviron, entre outras cousas, para obter a distribución angular de carga arredor do satélite e poder comparala cos datos de Explorer 31[7] e modelar as emisións do ión hidroxilo na atmosfera terrestre[8].
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads