Explorer 31

Satélite artificial dos Estados Unidos. From Wikipedia, the free encyclopedia

Explorer 31
Remove ads

DME (acrónimo de Direct Measurement Explorer), ou Explorer 31, foi un satélite artificial da NASA lanzado o 29 de novembro de 1965 mediante un foguete Thor Agena B desde a base Vandenberg da Forza Aérea. No mesmo lanzamento púxose en órbita o satélite canadense Alouette 2, que xunto con Explorer 31 formaron a misión cooperativa ISIS-X.[2][6]

Datos rápidos Tipo, Organización ...
Remove ads

Características

Explorer 31 / DME adicouse a facer medicións da ionosfera terrestre mediante sete experimentos a bordo. Os datos transmitíanse en tempo real cando o satélite estaba á vista das estacións de comunicación a falta dunha grabadora no satélite.[2]

O satélite estabilizábase mediante xiro, co eixo perpedicular ó plano orbital. A velocidade de xiro e o eixo de rotación controlábanse por un sistema de par magnético a bordo do satélite. A información de actitude viña proporcionada por un sensor solar e un magnetómetro triaxial.[2] A alimentación eléctrica era proporcionada por células solares e baterías.[5]

O satélite funcionou sen problemas agás por un erro parcial de potencia en maio de 1966 que reduciu o tempo de obtención de datos á metade.[2]

As observacións cesaron o 1 de xullo de 1969, con cinco dos sete experimentos aínda funcionando. O 1 de outubro de 1969 tomáronse datos da sonda electrostática durante 9 minutos. O 15 de xaneiro de 1971 intentouse contactar co satélite, que non respondeu a ningún dos comandos enviados, quedando oficialmente abandonado.[2]

Remove ads

Instrumentos

Explorer 31 levaba sete experimentos a bordo:[2]

  • un experimento de ións termais.
  • un experimento de electróns termais.
  • unha sonda electrostática.
  • unha sonda de temperatura de electróns.
  • un espectrómetro de masas.
  • un monitor de correntes de electróns enerxéticos.
  • un espectrómetro de masas magnético de ións.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads