Apolipoproteína A4

From Wikipedia, the free encyclopedia

Apolipoproteína A4
Remove ads

A apolipoproteína A4 (ApoA4), tamén chamada apolipoproteína A-IV (apoA-IV, apoAIV) é unha proteína do plasma sanguíneo que está codificada en humanos no xene APOA4 do cromosoma 11.[1][2]

Datos rápidos Estruturas dispoñibles, PDB ...
Remove ads

Xene

O xene APOA4 encóntrase no cromosoma 11 humano en estreito ligamento cos xenes APOA1 e APOC3. O APOA4 contén 3 exóns separados por dous intróns e é polimórfico, aínda que a maioría dos polimorfismos nas secuencias dos que se informou ocorren no exón 3. Os SNPs non sinónimos mellor validados e estudados son unha substitución glutaminahistidina no codón 360 e unha substitución treoninaserina no codón 347; tamén se identificou un polimorfismo de secuencia na 3'UTR do terceiro exón.[3] A análise comparativa de secuencias do xene entre especies suxire que o xene APOA4 se orixinou a partir do APOA1 por medio dunha duplicación xénica acontecida aproximadamente hai 270 millóns de anos.[4]

Remove ads

Función

O principal produto de tradución do xene APOA4 é unha preproteína de 396 residuos, que sofre un procesamento proteolítico para render a a apolipoproeína 4 (APOA4), unha glicoproteína enlazada por O madura de 376 residuos. Na maioría dos mamíferos, incluíndo os humanos, a síntese da APOA4 prodúcese exclusivamente no intestino; porén en ratos e ratas tamén hai síntese hepática. A APOA4 segrégase á circulación sanguínea na superficie de partículas de quilomicrons de nova síntese. A absoricón de graxas intestinal incrementa moitísimo a síntese e secreción de APOA4. Aínda que a súa función principal no metabolismo lipídico humano non foi definitivamente establecida, encontrouse que a APOA4 intervén nas seguintes accións:

  • activa a lecitina-colesterol aciltransferase e a proteína de transferencia de ésteres do colesterol in vitro;
  • xoga un papel na regulación do apetito e a saciedade en modelos de roedores;
  • mostra propiedades antioxidantes e antiateroxénicas in vitro e en modelos de roedores;
  • modula a eficiencia do transporte lipídico transcelular en enterocitos e o hepático in vitro.[3]

Non se informou de que se atopase deficiencia da APOA4 humana.

Remove ads

Interaccións

A APOA4 presenta interaccións con GPLD1.[5]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads