ARNr 23S

From Wikipedia, the free encyclopedia

ARNr 23S
Remove ads

O ARNr 23S (ou 23S rRNA) é un ARNr de 2904 nucleótidos de longo que é un compoñente da subunidade maior (50S) do ribosoma de bacterias e arqueas como Escherichia coli. A acividade de peptidil transferase do ribosoma reside no dominio V deste ARNr, e este dominio é o stio de unión máis común dos antibióticos que inhiben a tradución de proteínas. Un exemplo destes antibióticos é o cloranfenicol, que actúa inhibindo a formación do enlace peptídico, que segundo recentres estudos estruturais tridimensionais ten dous sitios de unión diferentes dependendo da especie da que sexa o ribosoma. O linezolid e a quinupristina-dalfopristina tamén se unen ao ARNr 23S e demostrouse a existencia de resistencia cruzada entre estes antibióticos.[2] Comparado cos xenes do ARNr 16S, os xenes do ARNr 23S tipicamente teñen unha maior variación nas secuencias, incluíndo insercións ou delecións.[3]

Datos rápidos Pseudonó do dominio G(G12) do ARNr 23S, Identificadores ...
Thumb
Representación 3D do ribosoma no que se ve disposición do ARNr 23S na subunidade 50S ribosómica de Escherichia coli baseándose nunha reconstución de microscopio crioelectrónico.[1]
Remove ads

Funcións do ARNr 23S

En xeral, o ARNr ten unha función esencial, funcionar como peptidil transferase, que é o núcleo estimulador do ribosoma que desempeña un papel na configuración do enlace peptídico. Tanto o peptidil-ARNt coma o aminoacil-ARNt son impotantes para sintetizar proteínas e na transpeptidación. Porén, as posicións do ARNr 23S G2252, A2451, U2506 e U2585 teñen unha significativa función na unión do ARNt no sitio P da subunidade maior do ribosoma. As modificcións en nucleótidos no sitio P poden inhibir a unión do peptidil-ARNt e tamén a modificación U2555 interfire na transferencia de peptidil-ARNt puromicina. Ademais, a modificación química da metade destas posicións G2251, G2253, A2439 e U2584 pode non impedir a unión do ARNt. O peptidil-ARNt da subunidade de 50S, que se une ao sitio P preserva oito posicións do ARNr 23S da modificación química. Por outra parte, as mutacións no ARNr 23S teñen un impacto nas células en crecemento. As mutacións A1912G, A1919G e Ψ1917C orixinan un potente fenotipo de crecemento e impiden a tradución, mentres que a mutación A1916G ten un fenotipo de crecemento simple e orixina un defecto nas subunidades de 50S ribosómicas.[4]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads