ASTEX
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
ASTEX, tamén coñecido como S71-2, SESP 1971-2 e P71-2, é un satélite artificial da Forza Aérea dos Estados Unidos lanzado o 17 de outubro de 1971 desde a Base Vandenberg da Forza Aérea mediante un foguete Delta.[3][4]
Remove ads
Características
A misión de ASTEX consistiu en probar novas tecnoloxías no espazo, levando entre a súa carga útil unha cámara infravermella para probar un circuíto pechado de arrefriamento e estudar a radiación celeste de fondo. A enerxía llela proporcionaba un panel solar despregable de 4,57 metros de lonxitude[4] cun novo mecanismo capaz de pregar e despregar varias veces o panel. O satélite tamén probou un novo sistema de mando e control e obtivo datos sobre a interacción das partículas enerxéticas coa ionosfera.[1] A nave e os seus experimentos funcionaron ben ata o 20 de decembro de 1973, en que fallou un comando enviado para parar o transmisor, producíndolle problemas. A cobertura de datos abarcou o 100% nos primeiros meses de vida do satélite, o 50% cara ao final do primeiro ano e limitouse a dúas órbitas por semana cara ao final da vida do satélite.[1] Con todo, en marzo de 2008 aínda se detectaban transmisións do satélite na frecuencia de 2242,517 MHz[5]
Remove ads
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads