A Canda, Piñor
parroquia civil do concello de Piñor From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
San Mamede da Canda é unha parroquia do concello de Piñor na comarca do Carballiño, na provincia de Ourense. Segundo o IGE en 2014 tiña 327 habitantes (170 homes e 157 mulleres), o que supón unha diminución con respecto ao ano 1999 cando tiña 350 habitantes.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: A Canda.
Remove ads
Toponimia
O fitónimo galego A Canda refírese a unha póla de árbore usada para alumear, a partir do latín candănu.[2]
Patrimonio
Pazo de Vilariño, do século XVI. De planta rectangular con dous pisos e cunha torre almeada. A fachada ten un muro almeado con porta de arco de medio punto con dous escudos das armas dos Mosquera, Sotomaior, Andrade e López. Ten unha capela, pombal e unha fonte de 1680.
Galería de imaxes
- Pazo de Vilariño.
- Pombal do Pazo de Vilariño.
- Vista frontal Igrexa
- Entrada Igrexa
- Solpor en San Mamede da Canda.
Lugares e parroquias
Lugares da Canda
Lugares da parroquia da Canda no concello de Piñor na Provincia de Ourense | |
---|---|
Casfigueiro | Cotelas | A Folgosa | Freás da Canda | Guimarás | As Lagoas | Mirela | Porto do Souto | Reda | San Mamede da Canda | Vilariño |
Parroquias de Piñor
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads