A Feast for Crows

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

A Feast for Crows é a cuarta novela da serie de fantasía épica A Song of Ice and Fire, obra do autor estadounidense George R. R. Martin. A novela foi publicada por vez primeira o 17 de outubro de 2005 no Reino Unido,[1] seguida da publicación nos Estados Unidos o 8 de novembro de 2005.[2]

Datos rápidos Autoría, Publicación ...

En maio de 2005, Martin anunciou que o "gran tamaño" do seu manuscrito aínda inacabado de A Feast for Crows motivou que el e os seus editores dividisen a novela en dous libros.[3] No canto de dividir o texto á metade de xeito cronolóxico, Martin optou por dividir o material atendendo ós personaxes e ás localizacións, provocando que as dúas novelas "teñan lugar simultaneamente".[3] A Feast for Crows foi publicado meses despois, e a novela seguinte, A Dance with Dragons, o 12 de xullo de 2011.[4] Martin tamén sinalou que a serie de A Song of Ice and Fire tería con toda probabilidade sete partes.[3]

A Feast for Crows foi o primeiro libro da serie en acadar o número 1 na lista de mellor vendidos do The New York Times,[5] un feito para os escritores de fantasía que só conseguira antes que el Robert Jordan[6][7][8][9][10] e Neil Gaiman.[11] No 2006, a novela foi nomeada ó Hugo Award, ó Locus Award, e ó Premio da British Fantasy Society.[12]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads