A guerra dos mundos
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A guerra dos mundos[2] (na versión orixinal The War of the Worlds) é unha novela de ciencia ficción do autor H. G. Wells. É a historia en primeira persoa das aventuras dun protagonista sen nome (e do seu irmán) en Surrey, Londres, cando o planeta Terra é invadido por marciáns. Escrito en 1895–97,[3] é unha das primeiras historias que contan un conflito entre a humanidade e unha raza extraterrestre.[4] Esta novela é unha das máis comentadas no eido da ciencia ficción.[5]
Remove ads
Adaptacións

A guerra dos mundos tivo varias adaptacións cinematográficas, dramas de radio, libros de banda deseñada, videoxogos, series de televisión, e secuelas ou historias paralelas doutros autores.
- A máis famosa adaptación foi o programa de radio de 1938 que foi narrado e dirixido por Orson Welles. Os primeiros dous terzos dos 60 minutos que duraba o programa foron presentados como un boletín de novas, o que provocou que o pánico se espallara entre os oíntes que creron que os eventos descritos no programa eran verdade.[6]
- En 1953 estreouse o filme A guerra dos mundos, a primeira adaptación ó cine. Foi producido por George Pal e dirixirdo por Byron Haskin.
- En 1978 fíxose a gravación mellor vendida da historia, coas voces de Richard Burton e David Essex, producido por Jeff Wayne.
- Steven Spielberg dirixiu a adaptación de 2005 protagonizada por Tom Cruise, que recibiu críticas positivas.[7][8]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads