Aberdeen, Escocia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Aberdeen (Obar Dheathain en gaélico escocés, Aiberdeen en escocés) é unha cidade de Escocia, un dos principais portos do Reino Unido e a terceira cidade escocesa por poboación: 212.125 habitantes (2001). Polas súas canteiras de granito coñécese como a cidade do granito.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Aberdeen.
Remove ads
Historia
A primeira referencia que temos é o itinerario da incursión feita por Severo no norte de Escocia no século III, no que Aberdeen recibe o nome de Devana, isto é cidade ás beiras do Deva (ou Dee). Aínda que o lugar non adquirirá importancia ata 1179 cando Guillerme o León concédelle un foro, confirmado posteriormente por David I.
En 1336 Eduardo III de Inglaterra queima a cidade, axiña reconstruída e ampliada, co nome de Nova Aberdeen. Os arquivos municipais son os máis antigos de Escocia, datan de 1398.
Remove ads
Lingua
A lingua tradicional da cidade é a lingua escocesa (unha lingua xermánica), aínda que hoxe a lingua máis falada é o inglés. O gaélico escocés é falado por un 0,66% da poboación, á que lle hai que engadir un 0,54% que o entende (2001).
Relixión
O 42,4% dos habitantes da cidade non profesa ningunha relixión, o 37,4 % pertence á Igrexa de Escocia, o 5,6% á Igrexa católica, o 7,5% a outras igrexas cristiás e o 0,8% ao islam.
Economía

As industrias relacionadas co petróleo e o gas son as maiores fontes de riqueza da cidade.
As tradicionais industrias pesqueiras e agrícolas completan a súa economía.
Universidades
45.000 estudantes realizan os seus estudos nas tres universidades da cidade: Universidade de Aberdeen, Universidade Robert Gordon e o Aberdeen College.
Cidades irmás
Aberdeen está irmandada con:
|
Véxase tamén
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aberdeen, Escocia ![]() |
Ligazóns externas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads