Horario de verán
práctica de adiantar os reloxos no período estival para aproveitar mellor a luz idurna From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O horario de verán é a convención pola que se adiantan os reloxos para que as tardes teñan máis luz diúrna e as mañás menos. Normalmente os reloxos adiántanse unha hora a principios da primavera e atrásanse en outono (na UE faise o último domingo de marzo e o último domingo de outubro). Moitas culturas antigas, en cambio, alongaban as horas diúrnas no verán. O horario de verán moderno estableceuse por primeira vez en 1916 durante a primeira guerra mundial para aforrar carbón. A pesar das controversias, moitos países empregárono desde entón. En Galicia, pola súa situación xeográfica dentro da UE, a diferenza respecto da hora solar é de dúas horas no inverno e tres no verán.

Engadir tempo de luz diúrna ás tardes beneficia o comercio, a práctica deportiva e outras actividades que se benefician da presenza de luz tras a xornada laboral pero pode ocasionar problemas á agricultura e a outras ocupacións que dependan do tempo solar. O incremento de luz vespertino ao parecer diminúe os accidentes de tráfico, pero os seus efectos sobre a saúde e o crime están menos claros. Dise que mediante o horario de verán afórrase enerxía eléctrica ao reducirse a necesidade de iluminación artificial, pero as evidencias que o apoian son febles.
Remove ads
Orixe

Algunhas civilizacións antigas, como a exipcia e a romana, axustaban os horarios ao sol con gran flexibilidade, polo común dividían o tempo de luz solar en doce horas de igual duración, e como consecuencia as horas de luz eran máis longas no verán,[1][2] o que se pode reflectía por exemplo nas clepsidras romanas que tiñan diferentes escalas para os diversos meses do ano: na latitude de Roma, a terceira hora tras raiar o sol, a hora tertia, comezaba ás 09:02 segundo o horario moderno e duraba 44 minutos no solsticio de inverno mentres no verán comezaba ás 06:58 e tiña unha duración de 75 minutos.[3]

O primeiro que propuxo algo semellante ao horario de verán moderno foi o entomólogo George Vernon Hudson,[4] quen en 1895 presentou un artigo na Sociedade Filosófica de Wellington no que propuña un axuste de dúas horas no verán[5] e despois de considerable interese no seu país, Nova Zelandia publicou en 1898 un novo artigo.[6] En 1907 o empresario inglés William Willett publicou un artigo no que propuña adiantar unha hora os reloxos durante os meses de verán, proposta que se presentou na Cámara dos Comúns e que foi moi debatida en 1908 e 1909[7] pero que non se converteu en lei.
Foi no decurso da primeira guerra mundial cando Alemaña e Austria-Hungría[8] adoptaron o horario de verán o 30 de abril de 1916, e pouco despois o Reino Unido tomou a mesma medida entrando en vigor o 21 de maio dese ano[9], outros países europeos seguiron a mesma política e os Estados Unidos adoptouno en 1918.
Nos anos que seguiron á guerra moitos países abandonaron o horario de verán, aínda que uns poucos seguiron a mantelo, como o Canadá, Reino Unido, Francia ou Irlada. Nalgúns países volver ao sistema durante algúns períodos nas décadas seguintes, e especial durante a segunda guerra mundial. Na década de 1970 como consecuencia da crise enerxética gran parte dos países volvérono a adoptar.
Remove ads
Vantaxes e inconvenientes

A proposta feita por Willett aseguraba que o horario de verán incrementaba as oportunidades de practicar actividades ao aire libre durante as horas de luz do serán. Segundo o premio Nobel Thomas Schelling[10] o acordo xeral da poboación sobre o horario a seguir resulta máis vantaxoso que a adopción do horario de verán de forma individual. Segundo esta consideración, un individuo obtería vantaxes máis grandes se aplicaba o horario de verán de xeito coordinado en toda a poboación que se un individuo decidise facelo pola súa conta, xa que a xeneralización achega un gran beneficio, aínda así moitos fan caso omiso do horario de verán e alteran os seus horarios para coordinarse coa luza do sol.[11]
![]() |
![]() |
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads