Abulcasis

From Wikipedia, the free encyclopedia

Abulcasis
Remove ads

Abu al-Qasim Jalaf ibn al-Abbas Al-Zahrawi ou Abul-Qasim Khakaf ibn al Abbas al Zahravi (en árabe: أبو القاسم بن خلف بن العباس الزهراوي), máis coñecido como Abulcasis, na súa forma latinizada (en galego, Abulcasis ou Albucasís), foi un médico e científico andalusí, (Madīnat al-Zahrā, Córdoba, Al-Ándalus, 936 - Córdoba, Al-Ándalus, 1013).

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Vida

Sábense moi poucas cousas da súa vida máis alá dos poucos datos que explica nas súas propias obras.

Apenas que naceu na vila de Madīnat al-Zahrā, a uns dez quilómetros ao noroeste do barrio real de Córdoba,[1] dentro da tribo árabe dos Ansar.

Tamén sabemos que viviu a maior parte da súa vida en Alhaurín de la Torre, onde estudou, deu clases e practicou a medicina até pouco antes da súa morte, dous anos despois do saqueo da súa vila natal por tropas cristiás.

O seu nome aparece mencionado por primeira vez nunha obra de Abu Muhammad ibn Hazm, que o cita entre os médicos máis famosos de Al-Ándalus. A primeira biografía detallada escribiuse sesenta anos despois da súa morte, por Al-Humaydi, na súa obra Jadhwat al-Muqtabis.

Remove ads

Kitab al-Tasrif

Thumb
Ilustración dos instrumentos cirúrxicos medievais árabes, na enciclopedia médica do século XI Kitab al-Tasrif, de Abulcasis.
Artigo principal: Al-Tasrif.

Abulcasis foi un médico cordobés considerado como un dos pais e o fundador da cirurxía moderna.[2]

Nos seus textos, onde combinaba as ensinanzas clásicas greco-latinas cos coñecementos da ciencia do Oriente Próximo, foron a base dos procedementos cirúrxicos europeos até o Renacemento.

A súa maior contribución á historia da medicina e a cirurxía é Al-Tasrif (1000), unha obra enciclopédica en trinta volumes sobre a práctica médica, onde recompilou todo o coñecemento médico e farmacéutico da época.[3]

Foi, así mesmo, un gran innovador nas artes médicas, sendo o primeiro en empregar o fío de seda nas suturas.[4]

Especialista en cirurxía, na súa obra describe os procedementos que utilizaba nas súas operacións de ollos, oídos, garganta, amputacións, implantes de dentes etc.

Abulcasis tamén inventou o fórceps para a extracción de fetos mortos, con ilustracións, no Al-Tasrif.[5] Así mesmo, tamén describe o uso do fórceps nos partos.[6]

El Al-Tasrif tamén introduce o uso de ligaduras para controlar hemorraxias en arterias, en cauterización.[7]

Desenvolveu máis de 200 novos instrumentos cirúrxicos que describe no último libro da súa magna enciclopedia, a cal foi profusamente estudada en toda Europa durante máis de cinco séculos despois da súa morte.[8]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads