Acedía
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A acedía[2][3] (Dicologlossa cuneata, Moreau 1881[1]) é unha especie de peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos e familia dos soleidos.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Acedía (homónimos).
Trátase dun pequeno linguado, de até 30 cm de longura como máximo, que habita en fondos mariño areosos ou lamacentos entre os 10 e os 450 m de profundidade, nas costas do Atlántico oriental (desde o mar do Norte e as illas británicas até o cabo de Boa Esperanza) e no mar Mediterráneo.
Remove ads
Taxonomía
A especie foi descrita por primeira vez en 1881 polo ictiólogo francés Émil Moreau, baixo o nome de Solea cuneata.
Sinónimos
Ao longo do tempo foi coñecida polos sinónimos:[1]
- Dicologoglossa cuneata (Moreau, 1881)
- Solea angulosa Kaup, 1858
- Solea cuneata Moreau, 1881 (nome orixinario)
- Solea senegalensis mbaoensis Pellegrin, 1907
Características
As principais características morfolóxicas desta especie son:[4]
- Corpo oval, moi alongado, de até os 30 cm de lonxitude.
- Cabeza co fociño pouco saínte, de contorno arredondado ou subtruncado.
- Ollos bastante arredondados, o superior máis adiantado que o inferior.
- Narina anterior do lado pigmentado curta, e inserida ao nivel da marxe anterior do ollo dorsal, e a do lado cego, curta, cilíndrica e non dilatada distalmente.
- A aleta dorsal orixínase ao nivel da marxe anterior do ollo dorsal. A pectoral é asimétrica. E a caudal, arredondada.
- A aleta pectoral do lado pigmentado está bastante desenvolvida, e presenta unha mancha negra que non chega á súa extremidade posterior, a diferenza dos linguados. Esta aleta ten unha forma triangular aguda, xa que os seus dous primeiros raios son máis longos que os outros.
- As escamas son ctenoides en ambos os lados do corpo, co bordo libre anguloso e provisto de dentes.
- A coloración é agrisada nos individuos novos, e apardazada co manchas escuras nos adultos.
As principais características que a diferencian doutras especies de linguados, como, por exemplo o linguado común, son:
- A liña lateral está formada por entre 105 e 132 escamas tubulares, contra as entre 116 e 163 do linguado común. Ademais, esta liña mostra unha marcada curva cara á cabeza na área supratemporal, mentres que está máis suavemente curvada en Solea solea.[5]
- Outras diferenzas anatómicas entre ambas as especies son a posición do ollo migratorio,[6] e o número de vértebra: Dicologlossa cuneata ten de 43 a 45, mentres que Solea solea ten de 49 a 52.[5]
Remove ads
Hábitat e distribución
- Hábitat
Vive sobre fondos areosos e fangosos de entre os 10 e os 450 m de profundidade.
- Distribución xeográfica
Distribúese polas costas do Atlántico oriental, desde o mar do Norte e as illas británicas até o cabo de Boa Esperanza, e no mar Mediterráneo,[7]
Porén, a maior concentración das súas poboacións prodúcese desde o golfo de Biscaia até o Mediterráneo e o noroeste de África.[5][8]
Bioloxía

- Nutrición
Aliméntase principalmente de crustáceos, vermes poliquetos e moluscos bivalvos.[4]
- Reprodución
A desova prodúcese entre os meses de maio a setembro.[4]
Pesca e gastronomía
O tamaño mínimo legal para a súa captura en Galicia é de 15 cm.[9]
É nos meses máis fríos do ano cando se captura en abundancia.[10]
A súa carne é branca, fina e magra, e o consumidor non ten ningunha dificultade para eliminar os bordos espiñentos.
En Francia, este peixe é unha especialidade dos portos pesqueiros de La Cotinière, na illa de Oléron, e de Royan, en Charente Marítimo.[5]
É moi popular en Galicia, e moi consumido en Andalucía, onde se come en xeral frito. O que se consome en Andalucía procede en xeral de capturas procedentes sobre todo do Atlántico sur, xa que esta especie prefire un clima subtropical, aínda que tamén é abundante en Galicia e no Mediterráneo. A desembocadura do Guadalquivir é un importante hábitat desta especie, e o principal porto español a onde chega é Sanlúcar de Barrameda.[8]
Remove ads
Estado de conservación
A UICN avaliou o status da especie en 2014 como LC (pouco preocupante) en razón á súa ampla distribución; e a pesar de que se captura a escala comercial nas costas de España, a súa poboación vai en aumento na parte norte da súa área de distribución. Porén, o control das súas capturas, segundo esta organización, é necesario para asegurar que non se teña que considerar no futuro como ameazada.[11]
Remove ads
En Galicia
En Galicia a presenza desta especie foi rexistrada en 1967 por F. Lozano Cabo en "Los peces planos (Pleuronectiformes) de interés para la industria española pesquera", Pub. Téc. Junt. Est. Pes. 6: 195-235.[4]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads