Negundo
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O pradairo negundo ou simplemente negundo[2] (Acer negundo), é unha especie de árbore cadicifolia da familia Sapindaceae nativa de América do Norte.


En Galiza aparece coma ornamental en parques urbanos e arboredos.
Remove ads
Descrición
Este pradairo é unha arboriña, usualmente non moi lonxeva que non soprepasa os 10 a 20 m de alto, cun diámetro de 30 a 50 cm, raramente de máis de 1 m. Os talos son verdes, cunha cera rosa ou violeta cando son novos. En troques doutros pradairos (con follas palmadas) o negundo ten follas pinnadas con cinco (ás veces tres ou sete) folíolos; as follas teñen de 12 a 25 cm de lonxitude, con cada folíolo de 6 a 10 cm e 3 a 7 cm de largo. Ningún outro pradairo ten máis de tres folíolos. Os folíolos teñen os bordos aserrados e son asimétricos na base da folla. As flores son miúdas con pétalos, de 10 a 30, xuntos nun acio pénsil, de 1 a 2 dm de longo, que aparece cedo na primavera. As sementes son disámaras, 1 a 2 cm de longo, con ás de 2 a 3 cm incurvadas; esparéxanse e caen polo outono, ou fican na árbore durante o inverno. Distinto a outros pradairos, é unha árbore dioica.
Remove ads
Distribución
Aparece orixinariamente dende o Canadá até Guatemala polo sur. Introducido e cultivado noutras partes do mundo. En Europa, onde foi introducido en 1688, plántase hoxe en día pola súa resistencia á polución, rápido crecemento e carecer de toxicidade, tanto en reforestacións mineiras, zonas de tráfico e parques urbanos.
Hábitat
A especie prefire terreos soleados e non calcarios. Pode medrar en lugares anegados e atura fríos de até -30 °C. É, polo tanto axeitado para o cultivo en Galiza.
Cultivo 3 usos
Acer negundo, ao contrario ca en Europa, é raramente plantado coma unha árbore ornamental en América. A madeira é mala, a forma irregular e a mala xerminación das sementes fan que non sexa unha especie forestal de interese. Con todo ás veces a madeira emprégase coma fonte de fibra para pretensado.
Hai varios cultivares, incluíndo algunhas formas variegadas (follas verdes e brancas, incluso rosadas e amarelas) dispoñíbeis no mercado (viveiros).
En Galiza plántase en arboredos, xardíns urbanos e rúas das principais vilas.
Remove ads
Táxones infra-específicos
Hai poucos aceptados dos numerosos descritos:
- a típica subespecie Acer negundo subsp. negundo, glabro (sen vilosidase), medra no sueste da Columbia Británica, leste a sueste de Ontario e de Nova Hampshire, e sur a leste de Nevada, Arizona, norte de México e sueste da Florida.
- a subespecie occidental ,Acer negundo subsp. californicum (Torr. & A.Gray) Wesm., con talos e follas pubescentes: unha poboación illada no Val Central de California.
- Acer negundo subsp. interius (Britton) Á.Löve & D.Löve
- Acer negundo subsp. mexicanum (DC.) Wesm.
Todos os demais son meras sinonimias da especie.[3]
Remove ads
Sinonimia
- Acer californicum var. texanum Pax
- Acer fauriei H.Lév. & Vaniot
- Acer fraxinifolium Nutt.
- Acer fraxinifolium Raf.
- Acer lobatum Raf.
- Acer nuttallii (Nieuwl.) Lión
- Acer trifoliatum Raf.
- Acer violaceu (Booth ex G.Kirchn.) Simonk.
- Negundo aceroides var. violaceum G. Kirchn.
- Negundo aceroides subsp. violaceus (Booth ex G. Kirchn.) W.A.Weber
- Negundo fraxinifolium var. crispum Loudon
- Negundo fraxinifolium var. violaceum Booth ex Loudon
- Negundo negundo (L.) H.Karst. nom. invalid.
- Negundo texanum (Pax) Rydb.
- Rulac negundo (L.) Hitchc.[3]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads

