Acrobatic Tenement

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Acrobatic Tenement é o álbum de estrea da banda estadounidense de post-hardcore At the Drive-In, publicado o 18 de agosto de 1996 polo selo Flipside.[1] O disco, xunto con In/Casino/Out e Relationship of Command, sería reeditado por Fearless Records en 2004, e novamente en 2013.

Datos rápidos Autoría, Publicación ...

Só un dos seus temas, "Initiation", dos álbum apareceu no recompilatorio de 2005 This Station Is Non-Operational,[2] aínda que como unha gravación ao vivo na BBC sacada do sinxelo de 2001 "Invalid Litter Dept.".

Remove ads

Antecedentes e gravación

O disco foi lanzado inicialmente o 18 de agosto de 1996 unicamente en CD a través do selo/fancine dos Ánxeles Flipside, despois de que varios membros da discográfica quedasen impresionados pola actuación do grupo nun pequeno club da cidade.[3] O traballo gravouse nos Ánxeles cun custo de tan só 600$ despois de rematar unha xira polos Estados Unidos en xullo de 1996.[4]

O álbum destaca pola súa falta de distorsión, que se debe ao feito de que o guitarrista Jim Ward cría que as súas gravacións non serían usadas para o máster final.[5] Reflexionando sobre as consecuencias da gravación de Acrobatic Tenement, o vocalista Cedric Bixler dixo en 2013: "Antes [do lanzamento do álbum] a banda rompera. Fixéramos unha xira estadounidensense e decidimos separarnos. Sempre necesitaba que Jim estivese alí, pero tivera unha pelexa con Omar. Fixemos un montón de movementos estúpidos nesa época, botamos ao batería [Ryan Sawyer] que estaba no disco, e despois ao outro guitarra [Adam Amparan], pero entón Tony e Paul viñeron e tocaron. Omar pasouse á guitarra nese momento, porque tocaba o baixo no álbum, así que cando tocabamos ao vivo era moi diferente".[6]

Gran parte do álbum, particularmente o tema "Ebroglio", inspirouse na vida e suicidio de Julio Venegas, un amigo da banda.[7] Venegas posteriormente foi a inspiración para o álbum de 2003 de The Mars Volta De-Loused in the Comatorium.

Remove ads

Listaxe de cancións

Máis información N.º, Título ...
Remove ads

Persoal

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads