Acrocefálidos
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A dos acrocefálidos (Acrocephalidae) é unha familia de aves da orde dos paseriformes,[1] suborde dos páseros, infraorde dos paséridos e da superfamilia dos silvioideos.


A familia está integrada por 5 xéneros que agrupan unhas 60 especies coñecidas vulgarmente como folosas,[2] que antigamente estaban incluídas na familia dos sílvidos.
Remove ads
Características
As especies desta familia adoitan seren paxaros bastante grandes, a maioría de cor parda olivácea nas partes superiores, mentres que a das partes inferiores varían da amarela á abrancazada.
Adoitan encontrarse en bosques abertos, xunqueiras e campos con herbas altas.
Os membros da familia están presentes no Vello Mundo, principalmente na Eurasia meridional e occidental e nas súas proximidades (ten algúns representantes en África), aínda que outros tamén se estenden até Oceanía.
Remove ads
Taxonomía
Descrición
A familia foi descrita en 1882 polo ornitólogo e herpetólogo británico Osbert Salvin.
Etimoloxía
O nome científico Acrocephalidae está formado sobre a base da raíz do nome do seu xénero tipo, Acrocephalus, coa adición da desinencia do latín científico -ideae, tirada da foma do grego antigo -ειδής, -eidḗs, da raíz de εἶδος, eĩdos "forma", "aspecto", "aparencia", usada para a formación dos nomes das familias de animais.
Pola súa parte, o nome Acrocephalus está formado polos elementos do latín científico acro- e -cephalus, derivados dos termos do grego antigo ἄκρος ákros, "agudo", "acabado en punta", "extremo", "punta", e κεφαλή cephalḗ, "cabeza", respectivamente.
Calasificación
Segundo o ITIS, na actualidade recoñécense na familia os 5 xéneros seguintes:[3]
- Acrocephalus J. A. Naumann & J. F. Naumann, 1811
- Calamonastides Grant & Mackworth-Praed, 1940
- Hippolais Conrad von Baldenstein, 1827
- Iduna Keyserling & J. H. Blasius, 1840
- Nesillas Oberholser, 1899
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads