Silvioideos

superfamilia de aves From Wikipedia, the free encyclopedia

Silvioideos
Remove ads

A dos silvioideos (Sylvioidea) é unha superfamilia de paseriformes da suborde dos páseros e infraorde dos paséridos, cuxa subdivisión en familias estivo moi controvertida durante moitos anos, familias que aínda hoxe están situadas por moitos autores dentro da superfamilia dos muscicapoideos.[1]

Máis información SilvioideosSylvioidea, Clasificación científica ...

Despois de servir durante moito tempo de categoría caixón de xastre, foi revisada en profunfidade e refundada grazas ao labor de Cracraft et al. no ano 2004,[2] incluíndo a súa separación da superfamilia dos certioideos.

Aquí, considérase que comprende 22 familias con case 1 300 especies.

Remove ads

Taxonomía

Descrición

A superfamilia foi descrita en 1990 polos biólogos moleculares e ornitólogos estadounidenses Charles Sibley e Jon Edward Ahlquist.[3]

Etimoloxía

O nome científico Sylvioidea está formado sobre a base da raíz do nome do seu xénero tipo, Sylvia, cuxa especie Sylvia atricapilla é, á súa vez, a especie tipo da familia dos silvíidos, coa adición da desinencia do latín científico -oidea, plural neutro de -oideus, tirado da foma do grego antigo -ειδής, -eidḗs, da raíz de εἶδος, eĩdos "forma", "aspecto", "aparencia", precedida da vogal epentética de unión -o-, para facilitar a pronuncia.

Clasificación

Familias

Remove ads

Filoxenia

A taxonomía dos silvioideos tivo unha historia complexa. O taxon foi proposto en 1990, na taxonomía de Sibley-Ahlquist,[3] pero se separaron del desde entón moitos grupos. Cracraft et al. propuxeron en 2004 a creación da superamilia dos certioideos, que coprendía os subidores, sítidos, troglodítidos e outros.[2] Os páridos foron ás veces situados, cos estenostíridos e os remícidos), nunha subfamilia á parte, a dos Paroidea, pero quedaban á veces intagrados nos silvioideos[4] Os sílvíidos e os timalíidos foron sometidos a importantes revisións despois de serviren de vertedoiro, e numerosas familias novas foron creadas ou restauradas, como as dos panúridos, os estenostíridos (desprazada de contado para os Paroidea), os nicatóridos, os macrosfénidos, os acrocefálidos, os donacobíidos, os berniéridos, os locustélidos, os pnepíxidos, os hilíidos (creada para albergar á única especie Hylia prasina, considerada incertae sedis polo Congreso Ornitolóxico Internacional), os céttidos, os filloscópidos, os pelorneidos e os leiotríquidos.[4]

Remove ads

Galería dalgunhas especies

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads