Adamantios Koraís

From Wikipedia, the free encyclopedia

Adamantios Koraís
Remove ads

Adamantios Koraís ou Coraís, nado o 27 de abril de 1748 en Esmirna, Anatolia e finado o 6 de abril de 1833 en París, foi un académico e humanista grego.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Estudou medicina en Francia e foi en París onde se empeñou en realizar unha carreira literaria. Dedicouse a concienciar sobre as aspiracións nacionais dos seus compatriotas e a incrementar a comprensión do legado cultural heleno. O seu apoio ao clasicismo tivo unha grande influencia sobre o idioma grego e a súa cultura.

Entre as súas antoloxías atópanse os dezasete volumes da Biblioteca de Literatura Grega, escrita de 1805 a 1826 e a obra Parerga, de nove tomos, que fixo entre 1809 e 1827. Mediante o seu lexicón Atakta que redactou de 1828 a 1835 e que representa o primeiro dicionario de grego moderno, Korais creou unha nova linguaxe literaria no seu idioma ao combinar elementos do grego vernáculo (dimotikí) co grego antigo.

Remove ads

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads