Literatura grega

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

A literatura grega é aquela que foi escrita por autores autóctonos de Grecia e áreas xeográficas de influencia grega (e.g. Magna Grecia no período clásico, diversos lugares de fala grega durante o Imperio Otomán ou Chipre). Estas obras están frecuentemente compostas nalgún dos dialectos gregos, pero non necesariamente. Esténdese ao longo de todos os períodos históricos nos que existiron escritores gregos.[1]

Remove ads

Literatura grega antiga (anterior ao 300)

Artigo principal: Literatura grega antiga.

Grego clásico

Thumb
Busto dobre de Homero e Menandro. Copia romana dun orixinal grego perdido.

A literatura grega clásica comprende aquela literatura escrita en grego antigo desde os máis antigos vestixios escritos en lingua grega ata o século IV e o auxe do Imperio bizantino.

Comezos da literatura grega: a poesía épica

Poesía lírica

Nace entre os séculos século -VII e -VIII Os eruditos alexandrinos falan do canon dos Nove poetas líricos como de algo xa establecido: Alcmán de Esparta, Safo, Alceo de Mitilene, Anacreonte, Estesícoro, Íbico, Simónides de Ceos, Píndaro e Baquílides. Pero a nómina é moito máis ampla:

Traxedia e comedia antiga

Artigo principal: Traxedia grega.
Thumb
Odeón de Mesene.

No século -V, era clásica, xorde o drama a partir dos misterios dionisíacos. Dos centenares de traxedias escritas e interpretadas durante a época clásica, só sobreviviu un número limitado de obras:

  • Esquilo (-525--456), considerado creador da traxedia. Obras: Os persas, Os sete contra Tebas, As suplicantes e a triloxía A Orestíada (Agamenón, As Coéforas, As Euménides).
  • Sófocles (-495--406), limitou o coro, aumentou a tres os actores, co que deu maiores posibilidades ao diálogo. Consérvanse sete traxedias completas: Antígona, Edipo Rei, Áiax, As Traquinias, Filoctetes, Edipo en Colono e Electra.
  • Eurípides (-485--406). Gran penetración psicolóxica dos personaxes. Obras: Alcestis, Medea, Heraclidas, Hipólito, Andrómaca, Hécuba, Suplicantes, Electra, Heracles, Troianas, Ifixenia en Táuride, Ión, Helena, Fenicias, Orestes, As Bacantes e Ifixenia en Áulide.

Igualmente, a Comedia antiga xurdiu do culto a Dioniso, pero neste caso as obras estaban cheas dunha franca obscenidade, abusos e inxurias. Autor destacado foi:

  • Aristófanes (-444--385). Aristócrata, ataca a charlatanería, tanto filosófica como política. Os cabaleiros, As nubes (contra os filósofos), As avespas, As aves, Lisístrata (contra a guerra), As ras, A asemblea das mulleres.

Historia

Artigo principal: Historiografía grega.
Thumb
Busto de Heródoto. Copia romana dun orixinal grego perdido.

Dous dos máis influentes historiadores que floreceron durante a era clásica grega:

Un terceiro historiador, Xenofonte (-431 - -354 ), comezou as súas Helénicas onde Tucídides cesara a súa narración da guerra do Peloponeso (ao redor do -411), e proseguiu a historia ata o -362. Outras obras súas son Apoloxía de Sócrates e Ciropedia ou Educación de Ciro. A súa obra máis coñecida é a Anábase: Xenofonte acompañou cun exército mercenario ao príncipe persa Ciro o Mozo contra Artaxerxes II. Trala derrota de Cunaxa, dirixiu a retirada dos Dez Mil.

Prosa

Os maiores logros na prosa do século -IV prodúcense na filosofía. Entre todos os filósofos, sobresaen tres nomes: Sócrates (-470 - -399), Platón (-427 - -347), e Aristóteles (-384 - -322).

Xorden entón os grandes oradores:

  • Isócrates (-436 - -338). Foi discípulo de Sócrates. Partidario da unión nacional fronte aos persas. 21 discursos e 9 epístolas.
  • Iseo (-390 - -340). Mestre de Demóstenes.
  • Esquines (-389 - -314). Apoiou a alianza de Atenas con Filipo II de Macedonia para crear un imperio grego contra os persas. Rival de Demóstenes. Contra Ctesifonte, Contra Timarco, Da embaixada.
  • Lisias, (-458 - -380), mestre da oratoria xudicial.
  • Demóstenes (-384--322) Inimigo de Filipo II de Macedonia, contra el dirixiu as súas Olínticas e Filípicas. Cando o xeneral macedonio Antípatro tomou Atenas, fuxiu á illa de Calauria, onde se suicidou.

Helenismo

Artigo principal: Literatura helenística.

En -338 todas as cidades estado gregas, non sendo Esparta, foran conquistadas por Filipo II de Macedonia. O fillo de Filipo, Alexandre Magno, estendeu enormemente o territorio conquistado polo seu pai. A cidade de Alexandría no norte de Exipto converteuse, desde o século -III, no centro destacado da cultura grega.

Poesía grega tardía

Floreceu durante o século -III:

Outros xéneros

Thumb
Columna en caracteres unciais do texto de Esdras da Septuaginta.

Unha das máis valiosas contribucións do período helenístico foi a tradución do Antigo Testamento ao grego. A súa redacción levouse a cabo entre os anos -250 e -150, en Alexandría. Chámana Septuaginta. Este nome de Setenta débese a que a tradición xudía, recollida atribúea a súa tradución a 72 sabios xudeus (seis de cada tribo) en 72 días.

Época romana (146 - 395)

En -146 Roma conquista Grecia e convértea nunha provincia do Imperio romano primeiro e do Imperio Romano de Oriente despois.

Historiadores

Os historiadores máis significativos da época posterior a Alexandre o Grande foron:

Thumb
Manuscrito bizantino do século XII no que está escrito o xuramento hipocrático en forma de cruz. Biblioteca Vaticana.

Novela bizantina

Artigo principal: Novela bizantina.

Desenvolveuse durante os séculos II e III, aínda que a datación exacta das obras é controvertida.

Outros xéneros

O médico Galeno (131-201) é o personaxe máis significativo da Medicina antiga logo de Hipócrates, que estableceu as bases da medicina no século -V.

Remove ads

Literatura bizantina (395-1453)

Artigo principal: Literatura bizantina.
Thumb
Comezo do evanxeo de Lucas nun manuscrito bizantino de principios do século XI.

A literatura bizantina é a escrita en grego medieval, durante a hexemonía do Imperio bizantino. É expresión da vida intelectual da parte helenizada do Imperio romano de Oriente durante a Idade Media cristiá. Combina civilización grega e cristiá sobre o fundamento común o sistema político romano, situado na atmosfera intelectual e etnográfica do Oriente Próximo.

A literatura bizantina parte de catro elementos culturais distintos: o grego, o cristián, o romano e o oriental, cuxo carácter combinar. A imaxinación oriental envolve as achegas da cultura intelectual helenística, a organización gobernamental romana e a vida emocional do cristianismo.

Remove ads

Literatura grega moderna (posterior a 1453)

Thumb
Exemplo contemporáneo de antiga escritura grega.
Artigo principal: Literatura grega moderna .

A literatura grega moderna é aquela escrita en grego moderno desde o século XV.

Literatura contemporánea

Thumb
Epitafio na tumba de Nikos Kazantzakis. Tradución: Non espero nada, non temo nada, son libre.

No século XIX, coa independencia de Grecia, prodúcese un renacemento da súa literatura:

Xa no século XX:

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads