Addison Emery Verrill

zoólogo estadounidense (1839–1926) From Wikipedia, the free encyclopedia

Addison Emery Verrill
Remove ads

Addison Emery Verrill, nado en Greenwood (Maine) o 9 de febreiro de 1839 e finado en Santa Bárbara (California) o 10 de decembro de 1926, foi un zoólogo estadounidense.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Verrill estudou zooloxía baixo a dirección de Louis Agassiz na Universidade Harvard, na que se licenciou en 1862. Sendo aínda estudante fixo viaxes de recolección científica con Alpheus Hyatt e Nathaniel Shaler no verán de 1860 a Trenton Point e á illa de Mount Desert, ambas localizades no Maine,[1] e no verán de 1861 á illa de Anticosti e ao Labrador (Canadá).[2]

En 1861, mentres estaba baixo a dirección de Louis Agassiz en Harvard, foi enviado a Washington DC para obter exemplares da Smithsonian Institution e promover relacións e interese amigables entre os científicos de Washington e os de Harvard, para fornecer o Museum of Comparative Zoology (Museo de Zooloxía Comaparada) desta universidade.[3]

Xa graduado en Harvard, en 1864 realizou varios informes sobre propiedades mineiras ou minas potenciais nos estados de Nova Hampshire, Nova York e Pensilvania.[4] Nese mesmo ano aceptou un posto como primeiro profesor de Zooloxía na Sheffield Scientific School da Universidade Yale,[5] onde ensinou desde 1864 até a súa xubilación en 1907.

Baixo a dirección do profesor Spencer Fullerton Baird, Verrill estivo case tres meses traballando nas coleccións de corais da Smithsonian. O proceso de revisión da colección requiriu identificar varias especies, seleccionar exemplares tipo e constituír un conxunto de duplicados para seren enviados ao Museo de Harvard.[3] Mentres estivo en Washington, coñeceu e estableceu amizades con moitos científicos distinguidos.[6] A amizade que Verrill e o profesor Baird desenvolveron, levaron ao nomeamento de Verrill como axudante da United States Fish Commission (Comisión de Peixes dos Estados Unidos) en 1871.[7] Neste papel, que mantivo até 1887, Verrill foi o responsábel das investigacións mariñas e de todas as coleccións de invertebrados. Varios centenares de miles de exemplares recollidos entre 1871 e 1887 foron enviados a New Haven para que Verrill os clasificara, identificara, catalogara e etiquetara. Como compensación parcial polo seu traballo, despois de que o primeiro conxunto de exemplares tipo fose enviado á Smithsonian, autorizouse a manter o primeiro conxunto de duplicados como propiedade persoal. Á súa xubilación vendeu esta colección persoal ao Museo Yale Peabody de Historia Natural, onde agora forman parte da colección de Invertebrados.[8]

Entre 1868 e 1870 foi profesor de Anatomía e Entomoloxía comparadas na Universidade de Wisconsin. A partir de 1860, Verrill investigou a fauna invertebrada da costa atlántica, con especial referencia aos corais, anélidos, equinodermos e moluscos, e converteuse na máxima autoridade dos cefalópodos vivos, especialmente a lura xigante do Atlántico norte.

O seu informe sobre os Invertebrate Animals of Vineyard Sound (1874), con Sidney Irving Smith, con cuxa irmá casou, é un manual estándar da zooloxía mariña do sur de Nova Inglaterra.

Posteriormente, explorou cos seus alumnos a xeoloxía e os animais mariños das Illas Bermudas. Además de moitas outras memorias e artigos sobre os temas mencionados anteriormente, publicou The Bermuda Islands (1902; segunda edición, 1907).[9]


Verrill publicou máis de 350 traballos e monografías, e describiu máis de 1 000 especies de animais en practicamente todos os grandes grupos da taxonomía. Foi membro da Academia de Artes e Ciencias de Connecticut.

En 1959, o Museo Peabody de Yale estableceu a "Medalla de Addison Emery Verrill", concedida por logros en Ciencias Naturais.

Remove ads

Abreviatura

As abreviaturas Verrill e A. E. Verrill, emprégase para recoñecer a Addison Emery Verrill como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Familia

O seu fillo, Alpheus Hyatt Verrill, coñecido como Hyatt Verrill, (1871–1954) foi zoólogo, arqueólogo, explorador, inventor, ilustrador e autor.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads