Adelaida

cidade australiana From Wikipedia, the free encyclopedia

Adelaidamap
Remove ads

Adelaida[1][2][3] (en inglés: Adelaide) é a quinta maior cidade de Australia, sendo capital e a cidade máis poboada do estado de Australia Meridional, cunha poboación de máis de 1 200 000 habitantes.

Datos rápidos Epónimo, Localización ...

É unha cidade costeira situada na parte sur do océano Pacífico nos Altos de Adelaide, ao norte da península de Fleurieu, entre o golfo de San Vicente e as Montañas Lofty Ranges. É unha cidade bastante lineal. Adelaida está considerada como a terceira cidade de importancia en Australia, por detrás de Sydney e a capital, Canberra.

Remove ads

Historia

O territorio onde se asenta a cidade actual foi o fogar do pobo kaurna ata a chegada dos europeos. A provincia de Australia Sur foi oficialmente establecida o 28 de decembro de 1836, e a cidade foi fundada en 1837, e nomeada Adelaida en honra á Raíña Adelaida, a esposa do Rei Guillerme IV de Inglaterra. O coronel William Light, un dos "pais" da formación da cidade, deseñou a cidade e a súa localización estratéxica, cerca do río Torrens. Light deseñou Adelaida con grandes espazos, grandes prazas e parques e edificios fermosos.

Adelaida axiña se converteu na cidade das liberdades[Cómpre referencia], con liberdade de elixir relixión, progresismo político e liberdades civís, que liderou as grandes reformas mundiais. Hoxe en día, Adelaide é coñecida como a cidade da cultura en Australia, con moitos festivais, teatros… así como o viño da rexión, arte e deportes.

Centro dunha colonia pensada para inmigrantes libres, baseada na liberdade de relixión, atraeu a inmigrantes alemáns, xa no ano 1840 a cidade tiña 6 500 habitantes.

Remove ads

Economía

Thumb
Edificio do Parlamento suraustraliano en Adelaida
Thumb
Edificios de Adelaida
Thumb
localización de Adelaida
Thumb
Adelaida

Adelaida é o centro gobernativo, comercial e cultural de Sur Australia. Adelaida é o sitio de moitos gobernos e empresas financeiras. Moitos destas empresas e traballos concéntranse no centro da cidade, desde o Boulevard Cultural de North Terrace ata os distritos financeiros da cidade.

A economía está baseada na industrias (materiais de construción, manufactura de compoñentes eléctricos, fabricación de automóbiles e refinado de petróleo). Produce cereais, la, froita e viño.

Remove ads

Cultura

O seu urbanismo foi moi coidado, cos distritos residenciais separados da área comercial polo río Torrens. Destacan amplas rúas como King Willian e North Terrace, e belísimos edificios como o do Parlamento, a sede do Goberno, a Catedral Católica, as universidades, o Observatorio, o Museo e a Galería de Arte.

Medios de comunicación

Ten 6 canles de televisión, 9 estacións de radio e 2 xornais.

Lingua

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads