Adherencia inmunitaria

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

A adherencia inmunitaria é un proceso de adherencia celular descrito por Nelson (1953)[1] para unha reacción imunolóxica in vitro entre eritrocitos normais e unha ampla variedade de microorganismos sensibilizados co seu anticorpo específico e o complemento, no cal os eritrocitos se adherían aos microorganismos.[1] Posterioremnte comprobouse que se producía tamén in vivo.[2]

Este proceso in vitro é agora explicado como unha reaccion de unión dependente do complemento dos eritrocitos cos microorganismos no cal interveñen anticorpos específicos.[3] O proceso da reacción é o seguinte: calquera microorganismo pode unirse a anticorpos específicos que se formaron contra el, os cales activan a vía clásica do sistema do complemento. A fervenza de reaccións empeza a funcionar a partir do C1, e os distintos compoñentes do complemento que se van formando permanecen unidos á superficie do microbio. Como os eritrocitos de primates expresan o receptor do complemento 1 (CR1) na súa superficie e teñen especificidade de unión cos compoñentes do complemento C4b, C3b ou iC3b, os eritrocitos acumúlanse sobre o microbio ao unirse ao complexo CR1-complemento.[3][4]

Remove ads

Función da adherencia inmunitaria in vivo

Os eritrocitos humanos expresan de 100 a 1000 moléculas de CR1 por célula, sendo o número medio de aproximadamente 300, e a cantidade é unha característica herdada.[5] Os inmunocomplexos unidos aos eritrocitos son eliminados da circulación, o que se supón impide que se depositen nos tecidos, por exemplo, no glomérulo renal. Os eritrocitos que levan inmunocomplexos unidos atravesan os sinusoides do fígado e bazo, onde se encontran con fagocitos. Os fagocitos que expresan os receptores CR1, CR3, e o fragmento Fcγ efectúan unha transferencia dos inmunocomplexos ás súas superficies. Entón os eritrocitos abandonan o fígado e o bazo deixando os inmunocomplexos e seguen actuando na seguinte rolda de transferencia dos inmunocomplexos despois de adherirse de novo a eles.[5][6][7][8]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads