Adolf Otto Reinhold Windaus

químico alemán From Wikipedia, the free encyclopedia

Adolf Otto Reinhold Windaus
Remove ads

Adolf Otto Reinhold Windaus, nado o 25 de decembro de 1876 en Berlín (Alemaña) e finado o 9 de xuño de 1959 en Göttingen, foi un químico alemán, descubridor da vitamina D e a histamina. Gañou o Premio Nobel de Química en 1928.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Estudou no Liceo Francés (Französisches Gymnasium) de Berlín, no que se interesou principalmente pola literatura. Iniciou estudos de Medicina en 1895. Impresionáronmo tanto as conferencias do premio Nobel de química Emil Fisher que comezou a estudar química en Friburgo ao tempo que continúa coa Medicina. Doutorouse en 1900 cunha tese dedicada ao veleno que se extrae da dedaleira. A partir de 1906, traballa como profesor na Universidade de Innsbruck, e na Universidade de Göttingen de 1915 a 1944 como director do Instituto Químico.

Investigacións científicas

Volveu a Berlín para traballar con Emil Fischer e coñeceu a Otto Diels (futuro premio Nobel en 1950), con quen mantivo unha longa amizade. En 1901 retornou a Friburgo e comezou a traballar sobre o colesterol e os esterois. A partir de 1906 impartiu docencia na universidade de Innsbruck e logo en Göttingen entre 1915 e 1944. En 1919 logrou transformar o colesterol en ácido colánico (que fora illado dos ácidos biliares por Heinrich Otto Wieland). Windaus mostrou así a ligazón entre os esterois e os ácidos biliares. Descubriu tamén que a vitamina D é un esterol e que a luz é precisa para que esta vitamina actúe. Estas investigacións valéronlle o premio Nobel. Traballou igualmente sobre os derivados do imizadol, o que o levou a demostrar que a histidina (un aminoácido) é un derivado do imidazol, e a descubrir a histamina.

Remove ads

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Predecesor:
Heinrich Otto Wieland
Premio Nobel de Química

1928
Sucesor:
Arthur Harden e Hans von Euler-Chelpin
Remove ads
Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads