Adolfo Baloncieri
futbolista italiano From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Adolfo Baloncieri, nado o 27 de xullo de 1897 en Alessandria e finado o 23 de xullo de 1986 en Xénova foi un futbolista e adestrador de fútbol italiano que xogaba na demarcación de centrocampista.
Remove ads
Traxectoria
A súa carreira futbolística transcorreu entre o Alessandria Calcio e o Torino FC, xogando un último ano no Calcio Como, tras o cal se retirou.
Debutou coa Selección de fútbol de Italia o 13 de maio de 1920. O maior logro que acadou coa selección foi o bronce nos Xogos Olímpicos de 1928, sendo el o capitán do equipo. Tamén participou nos Xogos Olímpicos de 1920 e 1924, converténdose así no segundo xogador con máis encontros disputados na competición de Fútbol neste certame deportivo. Coa selección tamén gañou a Copa Internacional de Europa Central disputada entre os ano 1927 e 1930.
En total disputou 47 encontros coa selección, anotando 25 goles, o que o converte no sexto máximo goleador da historia do combinado e no oitavo que máis encontros disputou sendo capitán do equipo.
Remove ads
Palmarés
Véxase tamén
Ligazóns externas
- Traxectoria como xogadorArquivado 27 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine. (en italiano)
- Encontros ca selección de Italia (en italiano)
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads

