Adolfus

From Wikipedia, the free encyclopedia

Adolfus
Remove ads

Adolfus é un xénero de réptiles escamosos da familia dos lacértidos e subfamilia dos lacertinos.

Máis información Clasificación científica, Especie tipo ...
Thumb
Adolfus jacksoni macho. Vistas anterior e posterior, e cabeza de perfil

O xénero é endémico da África subsahariana.

Remove ads

Taxonomía

Descrición

O xénero foi descrito en 1912 polo herpetólogo xudeu-alemán Richard Sternfeld.[2][3]

Etimoloxía

O nome científico Adolfus, foi unha homenaxe a Adolfo Frederico de Mecklemburgo, explorador alemán en África e político colonoial.[4]

Especies

Na actualidade recoñécense no xénero a seguintes seis especies:[2][3]

  • Adolfus africanus (Boulenger, 1906)
  • Adolfus alleni (Barbour, 1914)
  • Adolfus jacksoni (Boulenger, 1899)
  • Adolfus kibonotensis (Lönnberg, 1907)
  • Adolfus masavaensis Wagner, Greenbaum & Branch, 2014
  • Adolfus mathewsensis Greenbaum, Dowell-Beer, Hughes, Wagner, Anderson, Villanueva, Malonza, Kusamba, Aristote & Branch, 2018
Remove ads

Hábitat

As especies de Adolfus habitan en bosques e prados. Adolfus jacksoni habita tamén en ambientes urbanos. Adolfus alleni rexistrouse até 4 500 m sobre o nivel do mar.[5]

Catacterísticas

As especies do xénero Adolfus adoitan seren lacértidos relativamente grandes, xa que miden entre os 55 e os 84 mm de lonxitude desde o fociño até a abertura posterior da fenda cloacal, excepto Adolfus masavaensis, que é moito máis pequeno, xa que mide só de 39 a 56 mm.[5]

A cola é cilíndrica, sen franxas laterais, e relativamente longa, unhas 1,7-2 veces da lonxitude citada.[5]

Non presentan dimorfismo sexual.[5]

En Adolfus jacksoni o tamaño da posta é de 3 a 5 ovos.[5]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads