Aduto do ADN
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
En xenética molecular, un aduto do ADN é un fragmento de ADN que está enlazado covalentemente a un composto químico (xeralmente causante de cancro). A formación destes adutos pode ser o inicio da conversión da célula en célula cancerosa (carcinoxénese). Os adutos do ADN utilízanse en experimentos científicos como biomarcadores de exposición[1] e realízanse medicións da súa abundancia para reflectir cuantitativamente, por comparación, a cantidade de exposición carcinóxena do organismo examinado, por exemplo ratas. En condicións experimentais, a formación destes adutos do ADN é inducida por carcinóxenos coñecidos, dos cales o que se usa máis comunmente é o DMBA (7,12-dimetilbenz(a)antraceno). Por exemplo, cando se usa o termo "aduto DMBA-ADN" (ou "DMBA-DNA adduct") nunha revista científica refírese a un fragmento de ADN que leva unido DMBA.[2]

Remove ads
Exemplos

Compostos químicos que forman adutos do ADN son:
- acetaldehido, un constituínte significativo do fume de tabaco
- cisplatino, que se une ao ADN e causa enlaces cruzados, que dan lugar á morte da célula
- DMBA (7,12-dimetilbenz(a)antraceno)
- malondialdehido, un produto natural da peroxidación de lípidos[3]
Adutos do ADN son:
- adutos eteno-ADN: 1,N(6)-eteno-2'-desoxiadenosina (epsilondA) e 3,N(4)-eteno-2'-desoxicitidina (epsilondC)
Subprodutos son:
- M1G, un subproduto da reparación de excisión de base (BER) dun tipo específico de aduto do ADN chamado M1dG.
Remove ads
Danos no ADN
Cando un composto químico se une ao ADN o ADN queda danado, e non pode producirse unha replicación correcta que orixine unha célula normal. Isto pode ser o inicio dunha mutación, ou mutaxénese. Se a célula non tivese mecanismos efectivos de reparación do ADN, que actúan de forma natural en circunstancias normais, isto podería ser o inicio dun cancro.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads