Aegean Airlines
aeroliña grega From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Aegean Airlines SA (en grego: Αεροπορία Αιγαίου Α.Ε.) é a aeroliña grega máis grande en número de pasaxeiros transportados, en destinos e en tamaño de frota. É membro de Star Alliance dende xuño de 2010 e realiza voos regulares e chárter dende Atenas e Tesalónica a outros grandes destinos gregos, ademais de varios europeos. O seu principal centro de operacións é o aeroporto internacional de Atenas, cun centro secundario no aeroporto internacional de Tesalónica. Tamén usa outros seis aeroportos gregos como bases estacionais durante o verán. As súas oficinas principais atópanse en Kifisia, un suburbio de Atenas.
O 21 de outubro de 2012 Aegean Airlines anunciou que chegara a un acordo para mercar Olympic Air,[1] e a compra foi aprobada pola Comision Europea un ano despois, o 9 de outubro de 2013.[2] Ámbalas dúas aeroliñas continúan operando baixo marcas distintas. Ademais, Aegean Airlines participou nas fases finais da licitación para a privatización de Cyprus Airways, a aeroliña nacional de Chipre.[3] Tras a bancarrota de Cyprus Airways, Aegean Airways estableceu un centro de conexión no aeroporto de Larnaca, iniciando así voos regulares dende e cara a illa e enchendo o oco deixado polo peche da compañía chipriota.
Remove ads
Frota
Actual
En decembro de 2020 a frota de Aegean Airlines estaba formada polos seguintes avións:[4][5]
Remove ads
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads