Aerosol

From Wikipedia, the free encyclopedia

Aerosol
Remove ads

En enxeñería ambiental, denomínase aerosol a un coloide de partículas sólidas ou líquidas suspendidas nun gas. O termo aerosol refírese tanto ás partículas como ao gas no que as partículas están suspendidas.[1] O tamaño das partículas pode ser desde 0,002 µm a máis de 100 µm, isto é, desde unhas poucas moléculas ata o tamaño no que ditas partículas non poden permanecer suspendidas no gas polo menos durante unhas horas.[2])

Thumb
Contaminación por aerosol na India setentrional e Bangladesh.
Remove ads

Usos e características

Ás veces, os aerosois son empregados como drogas para a súa inhalación. O termo "inhalantes" se utiliza para describir unha variedade de substancias cuxa característica común é que rara vez, ou nunca, son empregadas por outra ruta que non sexa pola de inhalación e o seu consumo ten a intención de provocar algún efecto no organismo do consumidor.

Os aerosois son difusores que conteñen propulsores e disolventes. Estes inclúen as pinturas pulverizadas, atomizadores para desodorizantes e fixadores de pelo, difusores de aceite vexetal para cociñar e difusores para protexer tecidos.

Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads