Afonso Sanchez
nobre e trobador portugués From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Afonso Sanchez, nado en Cerva (Vila Real) o 24 de maio de 1289 e finado en Escalona (provincia de Toledo) o 2 de novembro de 1329, foi un infante e trobador portugués, fillo bastardo do rei don Dinís.
Remove ads
Traxectoria
Grazas a que a raíña Sabela chamou a todos os fillos do rei para a corte, tivo unha educación de calidade e o aprecio do rei, que o recoñeceu como lexítimo o 8 de maio de 1304, e o nomeou mordomo da coroa, unha especie de primeiro ministro, provocando os celos do herdeiro da coroa, Afonso. Isto levou á guerra civil (1319-1324) e á tentativa de Afonso Sanchez de invadir Portugal dende Castela, onde estaba exiliado e tiña o título de señor de Albuquerque, construíndo un castelo no que Inés de Castro viviu varios anos.
Distinguiuse como trobador e consérvanse 15 cantigas súas, a maioría de amor, nun estilo moi culto.
Remove ads
Véxase tamén
![]() |
A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Afonso Sanches |
Bibliografía
- "Afonso Sanchez". Gran Enciclopedia Galega (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 13. ISBN 84-7492-465-0.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da Literatura Galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. p. 22. ISBN 84-8288-019-5.
Remove ads
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads