Aguia calzada
ave rapaz From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
A aguia calzada[1] ou aguia caudal[2] (Hieraaetus pennatus ou Aquila pennatus) é unha ave de rapina de ó redor de 47 cm de longo e 127 cm de envergadura. Os machos pesan uns 700 gramos e as femias ó redor dos 1 000.

Remove ads
Características
Viven no sur de Europa (agás en Italia), no norte de África e en Asia central. A poboación europea concéntrase nun 90% en España, onde se calculan unhas 9 000 parellas reprodutoras. Os exemplares europeos pasan o inverno na África subsahariana, os asiáticos no sur do continente. O seu hábitat habitual son zonas montañosas con bosques caducifolios e áreas abertas axeitadas para cazar.
A base da súa alimentación son mamíferos pequenos (roedores e coellos), paxaros e réptiles. Poñen un ou dous ovos nun niño situado nunha árbore alta.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads